Saltar ao contido

Glironia venusta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Glironia venusta
 Nome taxon
    Glironia venusta Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    G. venusta (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Hábitat
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeDidelphimorphia
FamiliaDidelphidae
XéneroGlironia
EspecieGlironia venusta Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/093bnh Editar o valor en Wikidata
ITIS552532 Editar o valor en Wikidata
OTT606428 Editar o valor en Wikidata
UICN9245 Editar o valor en Wikidata
CoL3G9QH Editar o valor en Wikidata
EOL310361 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Artigos principais: Didelfimorfos e Didélfidos.

Glironia venusta é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[1] e, segundo a clasificación de Voss e Jansa, a única integrante da subfamilia dos glironiinos e do seu único xénero Glironia.[2]

Porén, outros autores sitúana na subfamilia dos didelfinos,[3] ou na subfamilia dos caluromiinos desta familia,[4][5]

Coñécese ha bibliografía internacional como sarigüeia de cola de pincel' ou glironia gris.

É unha pequena sarigüeia que vive en Bolivia, Brasil, Ecuador, Perú e Colombia.[6]. Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais da Amazonia, desde as terras baixas húmidas até os 500 m de altitude.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descricións

[editar | editar a fonte]

O xénero describiuno en 1912 o zoólogo británico especializado en mamíferos Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 239.[8]

A especie foi descrita no mesmo ano, e polo mesmo autor, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 240.[1]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

A especie, ademais de polonome que lle impuxo Thomas, e actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Glironia aequatorialis Anthony, 1926 [1]
  • Glironia criniger Anthony, 1926 [1]
  • Marmosa aceramarcae Tate, 1931 [7]

Características

[editar | editar a fonte]

A sarigüeia de cola de pincel tan a pelaxe de cor que varía da parda a gris, con raias negras desde o nariz á testa, a través dos ollos. Unha ampla e prominente banda de cor parda escura con raias negras esténdese ao redor de cada ollo, o que lle dá a aparencia dunha máscara.
As orellas son ovaladas, grandes, espidas e de cor negra. As mans e os pés son de cor parda ou gris. A cola é tupida, coa pel grosa.[6]
Pesa de 195 a 225 g.[9] A lonxitude da cabeza e tronco é de 16 a 20,5 cm.[6]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, o status desta especie na actualidade (2016) é de LC (pouco preocupante).[7]

  1. 1 2 3 4 Glironia venusta no MSW.
  2. ↑ R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
  3. ↑ Didelphidae no MSW.
  4. ↑ Glironia Thomas, 1912 no ITIS.
  5. ↑ Glironia no NCBI.
  6. 1 2 3 Marshall, Larry G. "Glironia Venusta". Mammalian Species (Dec 29,1978): 1–3. JSTOR 3504067. doi:10.2307/3504067.
  7. 1 2 3 Patterson, B. & Solari, S. (2008): Glironia venusta na Lista vermella da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 11-05-2016.
  8. ↑ Glironia en MSW.
  9. ↑ Glironia venusta Arquivado 08 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en ARKive.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]