Caluromiinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caluromiinos
Caluromyinae
Sarigüeias laúdas

Caluromys philander
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Familia: Didelphidae
Subfamilia: Caluromyinae
Kirsch, 1977
Xéneros e Especies
  • Véxase o texto
Artigos principais: Didelfimorfos e Didélfidos.

A dos caluromiinos (Caluromyinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos,[1] que inclúe catro xéneros, aínda que só tres deles teñen especies vivas, un total de cinco, coñecidas na bibliografía como sarigüeias laúdas.

Unha das características que identifican aos machos das especies desta subfamilia é que teñen dous bulbos uretrais, a diferenza dos da outra suffamilia, a dos didelfinos, que teñen tres.[2]

Desde o punto de vista taxonómico cómpre dicir que, noutro tempo, os xéneros Caluromys e Caluromysiops incluíanse nunha familia independente da dos didélfidos, a dos caluromíidos (Caluromyidae). Por outra parte, Glironia, o terceiro xénero con especies vivas na actualidade formaba por si só a familia dos glironíidos (Glironiidae).[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1977 polo zoólogo estadounidense John A. W. Kirsch, en Aust. J. Zool., Suppl. ser., 52: 111.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Caluromyinae formouse, como é norma, sobre a base do nome do xénero tipo, neste caso Caluromys, coa adición da desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Pola súa parte, Caluromys, resulta da unión dos elementos do latín científico cal-, derivado do grego antigo καλός kalós, 'fermoso'; -uro, procedente do grego antigo οὐρά ourá, 'cola', e -mys, tirado do grego antigo μῦς mỹs, 'rato'. Literalmente: 'os de cola fermosa'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo a clasificación da subfamilia ofrecida polo MSW, a subfamilia comprende os xéneros, subxéneros e especies seguintes:

Nota: para outras clasificacións, véxanse os artigos Didelfimorfos e Didélfidos.

Táboa taxonómica: Orde Didelphimorphia - Familia Didelphidae - Subfamilia Caluromyinae
Xénero Subxénero Especie Autor Nome vernáculo Estado conservación UICN
Caluromys Caluromys philander (Linnaeus, 1758) Sarigüeia laúda de cola espida ou parda Pouco preocupante (LC) [4]
Mallodelphys derbianus (Waterhouse, 1841) Sarigüeia laúda centroamericana Vulnerable (VU) [5]
lanatus (Olfers, 1818) Sarigüeia laúda occidental Pouco preocupante (LC) [6]
Caluromysiops irrupta Sanborn, 1951 Sarigüeia laúda de ombros negros ou inca Vulnerable (VU) [7]
Glironia venusta Thomas, 1912 Sarigüeia de cola de pincel ou glironia gris Vulnerable (VU) [8][9]
Pachybiotherium (†) acclinum Ameghino, 1902

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Caluromyinae no MSW.
  2. Glironia venusta na ADW.
  3. Wilson, D. E. e Reeder, D. M., editores, (2005): Caluromyinae Arquivado 28 de abril de 2009 en Wayback Machine. en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
  4. Caluromys philander na Lista vermella da UICN.
  5. Caluromys derbianus na Lista vermella da UICN.
  6. Caluromys lanatus na Lista vermella da UICN.
  7. Caluromysiops irrupta na Lista vermella da UICN.
  8. Glironia venusta na Lista vermella da UICN.
  9. Nota: todas as consultas na Lista vermella da UICN fixéronse o 19-04-2016, na Versión 2015-4 de dita lista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]