Giuseppe Delfino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Delfino
Giuseppe Delfino.jpg
Nacemento22 de novembro de 1921
Lugar de nacementoTurín
Falecemento10 de agosto de 1999
Lugar de falecementoPalazzo Canavese
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Giuseppe Delfino, nado en Turín o 22 de novembro de 1921 e finado en Palazzo Canavese o 10 de agosto de 1999, foi un tirador de esgrima italiano, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou, aos 30 ans, nos Xogos Olímpicos de 1952 celebrados en Helsinqui, gañando a medalla de ouro na proba por equipos de espada. Nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne revalidou o seu título olímpico por equipos, conseguindo tamén unha medalla de prata na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma logrou o terceiro ouro por equipos e o seu primeiro título na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1964 de Toquio gañou a medalla de prata na proba por equipos e foi eliminado en cuartos de final da proba individual.

Ao longo da súa carreira gañou sete medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, seis delas de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]