Gisela Pou Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGisela Pou Valls

Gisela Pou Valls en febreiro de 2014.
Biografía
Nacemento7 de maio de 1959 (64 anos)
Castellar del Vallès, Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1319876 Editar o valor em Wikidata

Gisela Pou Valls, nada o 7 de maio de 1959 en Castellar del Vallès, é unha escritora e guionista catalá principalmente coñecida polo seu traballo como guionista de televisión. Como escritora destaca a súa obra para o público infantil e xuvenil e as súas novelas para o público adulto[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en ciencias biolóxicas no ano 1981 e publicou dous títulos relacionados coa bioloxía. Porén, no ano 1989 publicou a súa primeira novela, Soroll de fons, coa Editorial Tres i Quatre. Ese mesmo ano recibe unha bolsa da Institució de les Lletres Catalanes[2]. Atraída pola literatura infantil e xuvenil, tamén escribiu diversas novelas dirixidas a este públicos e comezou unha colección de aventuras dun personaxe chamado Sara Pegues[3]. A súa curiosidade tamén a levou a cultivar o teatro e o guión televisivo. Gisela Pou ten un máster de guión para cinema e televisión pola Universidade Autónoma de Barcelona e foi codirectora de estudos sobre ficción televisiva e cinematográfica na Universidade de Barcelona, así como tamén profesora do máster de guión televisivo organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Valencia[4].

Guionista[editar | editar a fonte]

Como guionista de televisión, Gisela Pou traballou para diferentes medios de comunicación[5]. Destaca a súa colaboración en:

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Como autora de teatro, ten unha obra estreada en 2004 en Castellar del Vallès co nome de La nit del fang, dirixida por Rosa Grané. Pertence ao colectivo de escitores das Irmás Miranda, que publicaron tres títulos:

  • Zel (1998)
  • Por (2000)
  • Llibre de família (2001).
  • La nit del fang (2004)

Tamén participou no libro colectivo Fets pols! (2004) da editorial Montflorit.

Obras científicas[editar | editar a fonte]

  • 1984 — Itinerari de Can Miloca: Parc del Corredor
  • 1985 — Ecologia d'una ciutat: Barcelona

Novela[editar | editar a fonte]

  • 1989 — Soroll de fons
  • 2008 — Sense la mare
  • 2011 — El silenci de les vinyes
  • 2015 — La veu invisible

Infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • 1991 — T'he enxampat, bufó!
  • 1992 — Qui mana, mana
  • 1992 — La nit dels Noumons
  • 2004 — Les Tres Bessones es mouen per Sant Cugat
  • 2008 — La Sara Pegues i el Capità Caguetes
  • 2010 — La Sara Pegues i l'esquelet desmanegat
  • 2013 — L'edat del lloro
  • 2013 — La Sara Pegues i el mural blau
  • 2014 — La Sara Pegues i la fastigosa
  • 2014 — La Sara Pegues i l'ou de dinosaure
  • 2015 — La noia de la mitjanit

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lletrescatalanes.cat (ed.). "Qui és qui. Índex d'autors". Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  2. Generalitat de Catalunya (ed.). "Pou Valls, Gisela". Gencat.cat. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  3. "L’escriptora Gisela Pou visita l’Escola Gaspar de Portolà". Balaguer Televisió. 5 de marzo de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  4. Mercader, Albert (22 de setembro de 2011). "El cava sedueix Gisela Pou". El Punt Avui. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  5. "Els Pallars, 7 de Febrer: Gisela Pou inaugura el mes de biblioteques amb D.O. a Tremp". Pirineu TV. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]