Saltar ao contido

El cor de la ciutat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El cor de la ciutat
 Título
    El cor de la ciutat (ca) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Lingua
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Compositor/a
 Guionista
 Selo discográfico
 Emisora orixinal
TV3 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
11 de setembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
23 de decembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   1.906 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/03clzq0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0338590 Filmaffinity: 363910 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

El cor de la ciutat é unha telenovela producida e emitida por Televisió de Catalunya, que se emitiu por TV3 durante dez temporadas entre o 11 de setembro de 2000 e o 23 de decembro de 2009. A serie tiña como obxectivo explicar o día a día dos veciños do barrio barcelonés de Sant Andreu de Palomar (agás unha tempada na que se centrou no barrio de Sants); historias cotiás identificables en calquera lugar da sociedade catalá.

Emitíronse nove tempadas completas e unha décima de tres meses, superando a cifra dos 1.900 capítulos, o que a converte na serie máis longa da historia de Televisió de Catalunya. Tamén foi a máis vista, chegando a puntas de 800.000 espectadores (case o 50% da cota de pantalla en Cataluña) e superando o millón de espectadores nos seus capítulos especiais de final de tempada, de maior duración que o habitual, e que ían seguidos dunha gala chamada La nit del cor.

Localización

[editar | editar a fonte]

Os interiores gravábanse no centro de produción que TVC ten en l'Hospitalet de Llobregat. Os exteriores eran gravados no barrio barcelonés de Sant Andreu de Palomar, agás na sexta tempada onde os exteriores graváronse no barrio de Sants.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

La nit del cor

[editar | editar a fonte]

La nit del cor era un capítulo especial que se facía ao final de cada tempada o domingo pola noite e que tiña unha duración máis longa (unha hora aproximadamente) que os capítulos diarios, no que se resolvían moitos dos problemas da serie pero tamén se abría algún interesante para manter a intriga de cara á seguinte tempada-

Despois do capítulo facíase unha gala no Teatre Nacional de Catalunya (TNC) onde asistían todos os actores e actrices de El cor de la ciutat, e tamén os novos que aparecerían na seguinte tempada. Tamén se entregaron premios aos actores, guionistas e outros participantes na serie. Os presentadores da gala foron variando, entre eles Albert Om, Cristina Puig e Màbel Martí.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]