Giambologna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giambologna
Studio of Hans von Aachen - Giambologna.jpg
Nacemento1529
Lugar de nacementoDouai
Falecemento14 de agosto de 1608 e 13 de agosto de 1608
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeReino de Francia
Ocupaciónescultor e arquitecto
Coñecido porRape of the Sabine Women, Heracles and Nessus e Saint Luke
Na rede
Discogs: 4162486 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Giambologna, retrato por Hendrick Goltzius

Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529 e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado no seu país, Flandres, na cidade de Antuerpen, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq, no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto coa arte do grande artista italiano fixo desenvolver no mozo flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.

Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.

Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561 , Giambologna realizou esculturas para espectáculos publicos e máis obras de pequeno tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.

Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.

Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.

Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

Mercurio, Louvre, París

Galería[editar | editar a fonte]