Propano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O propano (do grego pro primeira orde e pion graxa, e o sufixo químico -ano dado que é o primeiro nos ácidos graxos) é un gas incoloro e inodoro. Pertence aos hidrocarburos alifáticos con enlaces simples de carbono, coñecidos como alcanos. A súa fórmula química é C3H8.

Combustión do propano:
C3H8 + 5O2 → 3CO2 + 4H2O

Xerais[editar | editar a fonte]

As mesturas de propano co aire poden ser explosivas con concentracións do 1,8 ao 9,3 % Vol de propano. A chama do propano, igual que a dos demais gases combustibles, debe de ser completamente azul; calquera parte amarelenta, alaranxada ou rubia da mesma, denota unha mala combustión. A temperatura ambiente, é inerte fronte á maior parte dos reactivos aínda que reacciona por exemplo co bromo en presenza de luz. En elevadas concentracións, o propano ten propiedades narcotizantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O propano identificouno como compoñente volátil na gasolina o Dr. Walter O. Snelling da oficina de minas dos Estados Unidos en 1910. Debido á volatilidade destes hidrocarburos lixeiros, foron coñecidos como "salvaxes" ("wild" en inglés) pola gran presión de vapor na gasolina non refinada. O 31 de marzo, o New York Times informou sobre o traballo con gas licuado do Dr. Snelling e que "... unha botella de aceiro deste gas será suficiente para alumear un fogar común durante tres semanas."[1]

Tensión de vapor[editar | editar a fonte]

Tensión de vapor do propano en función da temperatura:

Temperatura (°C) Presión (Pa)
80 1 765 197
40 1 287 123
30 1 103 248
15   735 499
0   490 333
-10   372 653
-20   269 683
-30   184 365
-40   122 583

Síntese[editar | editar a fonte]

O propano acostúmase obter do gas natural ou dos gases dos procesos de "cracking" producidos nas instalacións petroquímicas.

Usos[editar | editar a fonte]

O principal uso do propano é o aproveitamento enerxético como combustible. Con base ao punto de ebulición máis baixo que o butano e o maior valor enerxético por gramo, ás veces mestúrase con este ou utilízase propano en vez de butano. Na industria química é un dos produtos de partida na síntese do propeno. Ademais, utilízase como gas refrixerante (R290) ou como gas propulsor en aerosois.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GAS PLANT IN STEEL BOTTLE.; Dr. Snelling's Process Gives Month's Supply in Liquid Form.". The New York Times (en inglés): 9. 1 de abril de 1912. Consultado o 18 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • PHYSICAL constants of organic compounds. In: LIDE, D. R.; TAYLOR, F. (Ed.). CRC handbook of chemistry and physics. 89th ed. Boca Raton, 2009. Dispoñible en: <http://www.hbcpnetbase.com/ Arquivado 24 de xullo de 2017 en Wayback Machine.>. Consultado o 15 de setembro de 2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]