Gary Moore
Gary Moore | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Robert William Gary Moore |
Nacemento | 4 de abril de 1952 |
Belfast | |
Falecemento | 6 de febreiro de 2011 |
Estepona | |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Ashfield Boys' High School |
Ocupación | guitarrista, músico, compositor de cancións, produción musical, cantante e artista discográfico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert William Gary Moore, nado en Belfast o 4 de abril de 1952 e finado en Estepona o 6 de febreiro de 2011,[1] foi un guitarrista de blues e hard rock.
Moore ademais foi coñecido por ser un dos guitarristas máis solicitados para traballar en discos doutros artistas como Greg Lake, Cozy Powell, John Mayall, Mick Jagger e Jack Bruce, entre moitos outros e tamén foi un dos primeiros músicos en mesturar o rock coa música celta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Moore iniciou a súa traxectoria profesional aos dezaseis anos de idade, tendo a Jeff Beck, Eric Clapton, Peter Green e Jimi Hendrix como ídolos, e participando nas gravacións dun álbum da banda de folk Dr. Strangely Stranger. Pouco despois ingresou na banda irlandesa Thin Lizzy, onde coñeceu o seu fiel compañeiro Phil Lynott. Nesta agrupación gravou o tema «Still in Love With You» do álbum Nightlife (1974) e máis tarde gravou integramente Black Rose: A Rock Legend (1979).
A pesar do fanatismo polo blues, o jazz tamén lle interesaba, tanto que foi o estilo máis explorado no seu primeiro álbum en solitario, Grinding Stone (1973).
Fixo a súa carreira en solitario, obtendo moito éxito en Europa e Xapón, salientando dúas fases distintas, comezando coa máis dura en discos como Corridors Of Power, Victims Of Future e Wild Frontier na década de 1980, cos que acadou o recoñecemento mundial e bos resultados nas listaxes musicais e en vendas. Nos anos noventa, polo contrario, dedicouse completamente ao blues, e en especial ao blues rock, que con discos como Still Got the Blues (1990) e After Hours (1992) lle permitiu compartir con artistas como B.B. King, Albert Collins, George Harrison e Albert King, entre outros. No seguinte decenio decidiu mesturar as súas influencias, dando paso a álbums que flutuaron entre o hard rock e o blues rock.
Faleceu en febreiro de 2011 dun ataque ao corazón nun hotel de Estepona.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]
- Skid Row (1970)
- 34 hours (1971)
- Gary Moore-Brush Shiels-Noel (1971, publicado en 1990)
- Grinding Stone (1973)
- Back on the Streets (1979)
- G-Force (1980)
- Live at the Marquee (1981)
- Gary Moore (1982)
- Corridors of Power (1982)
- Victims of the Future (1983)
- Dirty Fingers (1984)
- We Want Moore (1984)
- Run for Cover (1985)
- Rockin' Every Night - Live in Japan (1986)
- Wild Frontier (1987)
- After the War (1989)
- Still Got the Blues (1990)
- After Hours (1992)
- Blues Alive (1993)
- Around the Next Dream (1994)
- Ballads & Blues 1982-1994 (1994)
- Blues for Greeny (1995)
- Dark Days in Paradise (1997)
- Out in the Fields (1998)
- Blood of Emeralds (1999)
- A Different Beat (1999)
- Back to the Blues (2001)
- Best of the Blues (2002)
- Have Some Moore - The Best Of (2002)
- Live at Monsters of Rock (2003)
- Parisienne Walkways: The Blues Collection (2003)
- Power of the Blues (2004)
- Old New Ballads Blues (2006)
- The Platinum Collection (2006)
- Close As You Get (2007)
- Bad for You Baby (2008)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ R.I.P. Gary Moore (Thin Lizzy) (1952 – 2011)
- ↑ "Muere en Estepona el guitarrista británico Gary Moore". Publico.es. 6 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gary Moore ![]() |