John Mayall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Mayall

John Mayall, nado o 29 de novembro de 1933, é un cantante británico de blues, coñecido como o pai do blues branco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundador do grupo John Mayall & the Bluesbreakers polo que pasaron grandes cantantes británicos como Eric Clapton, Jack Bruce, Peter Green, John McVie, Mick Fleetwood, Mick Taylor, Don Harris, Harvey Mandel, Larry Taylor, Aynsley Dunbar, Dick Heckstall-Smith e Andy Fraser. Actualmente reside nos Estados Unidos.