Galicia Gráfica (A Habana)
Galicia Gráfica | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Fundación | 1913 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Gráfica foi unha revista galega editada na Habana en 1913.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Publicación Semanal, apareceu o 9 de agosto de 1913. Estaba dirixida por Ramiro García e o administrador era Francisco G. Mouriño. Entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Fray Roblanto, J. Cea e Ramón Cabanillas. Uxío Carré Aldao é o correspondente na Coruña, Manuel Amor Meilán en Lugo e Jesús Rey Alvite en Santiago de Compostela. A revista ten 24 páxinas, das que oito están dedicadas a reproducir fotografías de paisaxes, monumentos e personalidades galegas. Publicou unha "Historia cómica de Galicia" asinada por D. J. H. na que se critica a curas, caciques e persoeiros da colectividade galega da Habana.
En 1923 apareceu outra Galicia Gráfica na Habana, dirixida por Miguel Fernández Seijo, da que só saíron dous números.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Gráfica". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Blanco Campaña, Xosé Luís (1995). Radio e prensa na Galicia exterior. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1304-5.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Galicia Gráfica". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- ——— (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. p. 211. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 231. ISBN 84-8288-137-X.