Miguel Barnet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Barnet
Biografía
Nacemento(es) Miguel Ángel Barnet Lanza Editar o valor em Wikidata
28 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Habana Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana - socioloxía, antropoloxía (–1960) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0055832 Musicbrainz: f60d4c1e-40a2-41fd-b02b-253e9b8959ad Discogs: 1569647 Editar o valor em Wikidata

Miguel Barnet Lanza, nado na Habana o 28 de xaneiro de 1940, é un poeta, narrador, ensaísta, etnólogo e político cubano, presidente da Unión de Escritores e Artistas de Cuba (2007) e da Fundación Fernando Ortiz. Tamén é membro do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, deputado á Asemblea Nacional e membro do Consello de Estado.

Coñecido pola súa novela-testemuño Biografía de un cimarrón (1966), é un dos escritores cubanos de maior éxito internacional e a súa obra foi traducida a varios idiomas. En 1994 obtivo o Premio Nacional de Literatura de Cuba.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira editorial e literaria[editar | editar a fonte]

Desde moi novo vencellouse a figuras da etnoloxía cubana, como Argeliers León e Isaac Barreal. Colaborou con Alejo Carpentier na Imprenta Nacional de Cuba e con Nicolás Guillén na Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba, institución da cal é fundador e vicepresidente por elección. Graduouse no Primeiro Seminario de Etnoloxía e Folklore impartido polo etnólogo e musicólogo Argeliers León en 1960.

Aos 21 anos formou parte do grupo fundador da Academia de Ciencias de Cuba e foi membro do primeiro equipo de traballo do seu recentemente creado Instituto de Etnoloxía e Folclore. Durante os sete anos nos que traballou como investigador científico nesta institución, recibiu diversos cursos nestas materias, impartidos por profesores cubanos e estranxeiros, e obtivo altas notas. Especializouse en investigación etnolóxica e en aspectos da transculturación das relixións de orixe africana en Cuba e o Caribe.

Entre a súa bibliografía están os títulos La piedra fina y el pavorreal, Isla de güijes, La sagrada familia (poemario que recibiu Mención no Premio Casa das Américas 1967), Orikis y otros poemas, Carta de noche, Mapa del tiempo, Viendo mi vida pasar, Actas del final, Cultos afrocubanos. Akeké y la jutía, Biografía de un cimarrón (elaborada a partir dos relatos orais dun antigo escravo cimarrón, Esteban Montejo), Canción de Rachel ou Gallego.

Escribiu guións para varios documentais cinematográficos e tamén para as coñecidas longametraxes cubanas Gallego, baseada na súa novela homónima, e La bella del Alhambra, inspirada na súa novela Canción de Rachel, e galardoada no Festival de Cine da Habana, así como noutros certames internacionais. Esta película recibiu o premio Goya en España en 1990 á mellor película estranxeira de fala hispana.

Participou en conferencias, eventos literarios, recitais de poesía da súa propia obra e impartiu conferencias en universidades de Europa, Estados Unidos, América Latina e África. Ademais de ser un activo promotor cultural en Cuba, é un profundo coñecedor da música cubana, sobre a que escribiu e deu conferencias ilustradas con artistas cubanos de talle internacional. Foi bolseiro do Sistema de Bolsas Académicas de Alemaña (DAAD) e da bolsa Guggenheim dos Estados Unidos.

En 1995 creouse grazas á súa xestión e co apoio do Ministerio de Cultura cubano a Fundación Fernando Ortiz, unha institución cultural cubana non gobernamental, pública e civil, da que é presidente. En 1996 foi nomeado pola Unesco e polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Cuba, membro do Consello Executivo da devandita organización.

Nese mesmo ano recibiu o título de mestrado en Historia Contemporánea pola Universidade da Habana e, en febreiro de 1997, a proposta da mencionada institución de estudos superiores, a Comisión Nacional Cubana de Titulacións Científicas outorgoulle o título de Doutor en Ciencias Históricas. En maio de 1997, a Cátedra Extraordinaria de Nuestra América, da Facultade de Ciencias Antropolóxicas da Universidade Autónoma do Iucatán, en Mérida, México, nomeouno membro do seu Consello Honorario, en representación da República de Cuba no ámbito académico americanista.

Desde 1999 dirixe a revista de antropoloxía cubana Catauro. No 2006 obtivo o premio Juan Rulfo na categoría de relato curto polo seu relato Fátima o el parque de la fraternidad, que relata a vida dun travesti da Habana.

Foi fundador da UNEAC e é o seu actual presidente. É vicepresidente do Comité Científico Internacional do Programa Ruta del Esclavo.

Influencia e adaptacións[editar | editar a fonte]

Considerado un dos escritores cubanos máis influentes, a obra de Barnet foi adaptada e interpretada nunha serie de textos, crónicas, guións e artigos dentro de diferentes correntes artísticas; en 2018 fíxose a adaptación ao teatro da súa premiada obra de 1969, Canción de Rachel ; a posta en escena titulada Capricho-LivExperience, que se sitúa no turbulento período social pre-revolucionario da Habana, expón as limitacións históricas e socioculturais opostas ao desenvolvemento da muller en Cuba no contexto da clase social máis vulnerable; historia cunha narración cronolóxica e cun final tráxico onde os personaxes principais son retratados pola actriz e cantautora mexicana Alejandra Ávalos e Melissa Galindo, en converxencia coas interpretacións de Omar Fierro, Alejandro Tommasi e Luis Fernando Peña.

A obra teatral producida por Rodrigo Vidal, estreada en outubro do mesmo ano na Cidade de México, causou notoriedade por ser a primeira de América Latina en incorporar tecnoloxía de última xeración e efectos visuais multimedia en 4D, concepto que se ten denominado "experiencia multisensorial". [1][2][3]

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Biografía de un cimarrón (1966)
  • Canción de Rachel (1969)
  • Gallego (1983)
  • La vida real (1986)
  • Oficio de ángel (1989)
  • Un cubano en Nueva York (1990)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • La piedrafina y el pavorreal (1963)
  • Isla de güijes (1964)
  • La sagrada familia (1967)
  • Orikis y otros poemas (1980)
  • Carta de noche (1982)
  • Viendo mi vida pasar (antología, 1987)
  • Mapa del tiempo (1989)
  • Poemas chinos (1993)
  • Con pies de gato (antología, 1993)
  • Actas del final (2000)

Ensaio e etnoloxía[editar | editar a fonte]

  • Akeké y la Jutía. Fábulas cubanas
  • Cultos Afrocubanos. La Regla de Ocha. La Regla de Palo Monte (1995)
  • La fuente viva (1998)
  • Cimarrón: Historia de un esclavo

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio da Crítica Literaria por Gallego, 1983
  • Premio da Crítica Literaria por La vida real, 1986
  • Diploma Premio 30 Años del ICAIC por La Bella del Alhambra
  • Medalla Alejo Carpentier
  • Premio Nacional de Literatura, 1994
  • Orde Félix Várela, 1995
  • Orde Juan Marinello, 1996
  • Premio Juan Rulfo 2006
  • Premio Iberoamericano de Letras José Donoso 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Capricho de hacer teatro". El Universal. Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  2. "Obra musical, ‘Capricho’, apuesta por el teatro en 4D". El Dictamen. 3 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  3. "Capricho promete un espectáculo multisensorial de primer nivel". Notimex. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • GUTIÉRREZ, José Ismael. "Miguel Barnet y su concepción de la 'novela-testimonio'". Revista de Filología (Universidade de La La Laguna) 12 (1993): 105-113.
  • GUTIÉRREZ, José Ismael."Gallego, de Miguel Barnet: de la utopía frustrada al conformismo existencia". Quaderni Ibero-Americani 75 (1994): 15-29.
  • GUTIÉRREZ, José Ismael. "Emigración y testimonio en La vida real de Miguel Barnet o el rescate de la cubanidad perdida". Iberoamericana 73 (1999): 21-39.
  • GUTIÉRREZ, José Ismael. "Premisas y avatares de la novela-testimonio Miguel Barnet". Revista Chilena de Literatura 56 (2000): 53-69.
  • GUTIÉRREZ, José Ismael. "Oficio de ángel, de Miguel Barnet: la memoria en un espejo fragmentado". Bulletin Hispanique 2 (2001): 593-606.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]