Saltar ao contido

Gaivota cana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota cana
 Nome taxon
Larus canus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    L. canus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroLarus
EspecieLarus canus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Larus canus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   1,11 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01n9c4 Editar o valor en Wikidata
ITIS176832 Editar o valor en Wikidata
OTT855472 Editar o valor en Wikidata
UICN22694308 Editar o valor en Wikidata
CoL3SBPZ Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Larus canus canus

A gaivota cana[1] (Larus canus) é unha ave da familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha gaivota pequena que cría en colonias ou soa, en costas, illas e lagoas do interior[2]. É escasa en cidades. Ollo completamente negro e peteiro amarelo. Os xuvenís tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Morfoloxicamente machos e femias son completamente iguais. A súa alimentación é variada: peixes, insectos, ratos, calaza e restos orgánicos dos vertedoiros[3].

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A reprodución realízase entre os meses de abril e xullo. A posta adoita consistir en 3 ovos que son son chocados ó longo duns 28 días. Os xuvenís voan ás 4 ou 5 semanas. Niño no chan[3].

Distribución

[editar | editar a fonte]

Permanente durante todo o ano nas costas do mar do Norte e do mar Báltico[2]. Tamén cría en Escandinavia e na zona norte de Rusia[2]. Inverna no sur das illas británicas, Francia e na costa ibérica. En Galiza é visitante invernal habitual, estando presente en todo o litoral galego[1]. No resto de Europa só é visible durante o paso migratorio.

Ríos Panisse recolleu para esta ave o nome de papuxa, en Viveiro, aínda que advirte que é unha identificación dubidosa [4].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Hai catro subespecies, dúas das cales son consideradas especies distintas por algunhas autoridades:[5][6]

  • L. c. canusLinnaeus, 1758. É a subespecie nomeada, que se encontra en Europa e oeste de Asia. Pequena; co manto gris de ton medio (é a subespecie máis clara); puntas das ás con moito branco; iris escuro. Envergadura de 110 a 125 cm; peso de 290 a 480 g.
  • L. c. heineiHomeyer, 1853. Encóntrase no norte de Asia. De mediano tamaño; manto gris escuro (é a subespecie máis escura); puntas das ás con moito negro; iris escuro. Peso de 315 a 550 g.
  • L. c. kamtschatschensisBonaparte, 1857; syn. L. kamtschatschensis. Encóntrase no nordeste de Asia. Grande; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás con moito negro; iris claro. Peso de 394 a 586 g.
  • L. c. brachyrhynchusRichardson, 1831; syn. L. brachyrhynchus. Encóntrase en Alasca e occidente do Canadá. Pequena; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás cun pouco de negro e moito branco; iris claro. Envergadura de 96 a 102 cm; peso de 320 a 550 g.
  1. 1 2 Sociedade Galega de Ornitoloxía (2011). XIII Anuario das aves de Galicia 2005.
  2. 1 2 3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
  3. 1 2 Nicolai/Singer/Wothe (1991). Everest, ed. Gran Guía de la Naturaleza: Aves. ISBN 84-241-2661-0.
  4. M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago, 1983, Verba anexo 19.
  5. del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2.
  6. Olsen, K.M.; Larsson, H. (2004). Gulls of Europe, Asia and North America. Helm. ISBN 0-7136-7087-8.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.