Gabián grego
Gabián grego | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Accipiter brevipes' (Severtzov, 1850) |
O gabián grego[2] (Accipiter brevipes) é unha ave de rapina migratoria da familia Accipitridae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son relativamente pequenos, cunha lonxitude de entre 30 e 37 cm. e unha envergadura de ás que vai dos 63 ós 76 cm. As femias son meirandes cá os machos, sen chegar, porén, a diferenzas tan marcadas coma no gabián euroasiático (Accipiter nisus). Teñen as ás amplas e a cola longa, adaptadas para manobrar entre as árbores. O corpo máis delgado, a cola algo máis curta e as ás máis aguzadas có gabián común dánlle un certo aspecto de falcón.
Os machos adultos son grises azulados pola parte superior, coas puntas das ás escuras e a parte inferior case branca. As femias son grises lousa por riba, cun barrado castaño avermellado na parte inferior do corpo e ás veces cunha liña negra curta na gorxa, que está sempre presente nas aves novas, que son castañas escuras por riba con manchas escuras na parte inferior.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Son aves migratorias que crían en diversas rexións do sueste de Europa, dende Grecia e os Balcáns, ata o sur da Federación Rusa. Máis dos exemplares reprodúcense nunha faixa que vai dende o norte do mar Negro ata ó mar Caspio.
Emigran en bandos grandes, que parten en setembro para pasa-lo inverno ó sur do Sudán, en Níxer, o Chad, Etiopía e polo leste ata o suroeste de Irán.
O seu hábitat de cría principal son zonas de bosque caducifolio, con preferencia polas situadas en terreos con outeiros e de orografía variable en xeral.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, lagartos e insectos, ás veces tamén de paxaros.
Conduta
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de mamíferos pequenos, insectos, lagartos e paxaros que capturan aparecendo por sorpresa despois de engalaren no punto onde estaban pousados.
Maduran sexualmente xa ó ano. Constrúen os seus niños en árbores a miúdo moi altas. Fan un niño novo cada ano. En xeral poñen de 3 a 5 ovos entre maio e finais de xuño.
Nomes vulgares noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Kurzfangsperber.
- Catalán: Esparver grec.
- Español: Gavilán griego.
- Euskara: Greziar gabirai
- Francés: Épervier à pieds courts.
- Inglés: Levant Sparrowhawk.
- Italiano: Sparviere levantino.
- Polaco: Krogulec krótkonogi.
- Portugues: Gavião-de-pé-curto.
- Sueco: Balkanhök.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Accipiter brevipes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabián grego |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Base de datos da IUCN que inclúe xustificación sobre a clasificación da especie como "Non ameazada" Arquivado 29 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
- Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2