Fátima (filla de Mahoma)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFátima

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) فَاطِمَةُ الزَّهْرَاء Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento604 ↔ 604 Editar o valor em Wikidata
A Meca Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 632 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Medina (Arabia Saudita) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAl-Baqi' (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCalifado Rashidun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAli ibn Abi Talib Editar o valor em Wikidata
FillosUmm Kulthum bint Ali ibn Abi Talib (en) Traducir, Hasan ibn Ali (pt) Traducir, Muhsin ibn Ali (en) Traducir, Zaynab bint Ali (en) Traducir, Hussein ibn Ali Editar o valor em Wikidata
PaisMahoma Editar o valor em Wikidata  e Cadija (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsUmm Kulthum bint Muhammad (pt) Traducir, Hadhrat Ruqayyah (pt) Traducir, Zainab (pt) Traducir, Ibrahim ibn Muhammad (en) Traducir, Qasim ibn Muhammad (en) Traducir e Abd-Allah ibn Muhammad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bint_Muhammad-2
O nome de Fátima en caligrafía árabe.

Fátima az-Zahra (en árabe: فاطمة الزهراء, 'a luminosa'; A Meca, 27 de xullo de 604Medina, 28 de agosto de 632) foi unha muller árabe, filla do profeta musulmán Mahoma (Muhammad) e transmisora da sucesión consanguínea deste.

Fátima era filla do profeta Mahoma e da súa primeira dona, Jadiya. Foi a súa cuarta filla, despois de Záynab, Ruqayya, e Ummu Kulzum. Aos dez anos de idade (aínda que outras fontes din que foi con dezanove anos de idade), contraeu matrimonio con Ali ibn Abi Tálib, o cuarto dos califas musulmáns e primeiro Imán dos musulmáns xiítas, xenro e curmán de Mahoma, co que tivo tres fillos homes: Hasan, Husáyn e Múhsin, e dúas fillas: Zaynab e Ummu Kulzum. Fátima púxolles o mesmo nome que dous das súas irmás finadas para que se repartisen os nomes da Casa Profética.

Para os musulmáns Fátima é obxecto de inspiración e o seu nome é o máis popular no mundo musulmán.

Fátima participou en varias accións políticas moi importantes rexistradas en todas as fontes islámicas. En primeiro lugar, despois da conquista da Meca, negouse a ofrecer a súa protección (como filla de Mahoma) a Abu Sufyan ibn Harb. Segundo algunhas fontes reclamou os dereitos de propiedade de seu pai.

Morreu poucos meses despois do pasamento de Mahoma e foi soterrada no cemiterio de Jannat ao-Baqi. Moitos musulmáns xiítas cren que faleceu como consecuencia dunha lesión causada por Umar, mentres ela defendía o seu home Ali dos ataques de Abu Bakr.

Nacemento[editar | editar a fonte]

Fátima naceu na Meca, filla de Khadija e de Mahoma, cinco anos antes de que este recibise as primeiras revelacións, exactamente, naceu no ano 605 durante a reconstrución da Kaaba.

Fátima no Corán[editar | editar a fonte]

Fátima representou un gran consolo para o profeta Muhammad, posto que todos os seus fillos homes faleceran. Por esta razón, os seus detractores chamábano maliciosamente "ábtar", é dicir "estéril". Eles, segundo as súas tradicións, exaltaban a importancia dos fillos homes, e considerábanos sucesores dos proxectos dos pais. Por iso, contentábanse pensando que coa morte do Profeta, o islam desaparecería como ameaza, entón, revelouse a sura "Al-Kawzar":

«No nome de Deus, o Graciabilísimo e Misericordiosísimo!

Por certo que te agraciamos coa abundancia.
Prega, pois, ao teu señor e sacrifica.

Certamente, quen te detesta é o estéril»
Sagrado Corán; Sura 109

Esta sura anunciou ao Profeta "a abundancia" que se interpreta como unha abundante descendencia. Isto pode testemuñarse hoxe en día xa que moitos dos seus descendentes son importantes personalidades da escena mundial. Por outra banda, As Ibn Ua'il, quen chamaba "estéril" a Muhammad, a pesar de ter dez fillos homes, non deixou descendencia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Al-Tabari, Muhammad ibn Jarir (1987 to 1996). History of the Prophets and Kings, V.2. SUNY Press.