Christian Díaz
Covirán Granada – No. 14 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1992 (31 anos)![]() |
Altura | 1,84 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 80 kg (176 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Carreira | 2010−presente |
Historial de equipos | |
Gran Canaria (2010) EBA UB La Palma (2010–2012) Gran Canaria (2012–2013) Basket Navarra (2013–2014) Club Ourense Baloncesto (2014–2015) Peñas Huesca (2015–2016) Club Ourense Baloncesto (2016–2017) Breogán (2017−2020) Fundación CB Granada (2020−presente) |
Christian Díaz Rodríguez, nado o 23 de marzo de 1992 nas Palmas, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Covirán Granada da Liga LEB Ouro, no que xoga na posición de base cunha altura de 1,84 metros.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nas Palmas de Gran Canaria, Christian Díaz formouse na canteira do CB Gran Canaria, principal club de baloncesto da súa cidade natal. No equipo canario consegue chegar a debutar no filial de Liga EBA en 2010. Posteriormente, é ascendido ao UB La Palma, equipo vinculado ao Gran Canaria en LEB Ouro, onde permance durante dúas temporadas. No seu segundo ano consegue unhas medias de 7,1 puntos e 1,8 asistencias, contribuíndo a que o equipo xogase o playoff. Nas eliminatorias é capaz de aumentar a súa achega, conseguindo nos catro partidos que disputa 8,5 puntos e 4,3 asistencias de media. Con todo, na seguinte camapaña o equipo desaparece e Días regresa ao filial do Gran Canaria, esta vez en LEB Prata. Porén, o 5 de febreiro, antes de terminar a temporada, regresa á LEB Ouro da man do Planasa Navarra.
No conxunto pamplonica permanece unha temporda máis, facendo nesta segunda temporada 7,5 puntos, 2,6 asistencia e 2,3 rebotes por partido. Ao ano seguinte asina polo Club Ourense Baloncesto, onde consegue gañar as eliminatorias polo ascenso á Liga ACB. No equipo ourensán xoga unha media de aproximadamente 14 minutos por encontro con 4,2 puntos, 1,5 rebotes e 0,9 asistencias de media. Ao ano seguinte asina polo CB Peñas Huesca, para na temporada 2016−17 regresar ao Ourense, onde goza de moito máis protagonismo que na súa anterior etapa. De feito, a súa media de minutos por partido pasa a ser de 27, conseguindo 10,6 puntos, 4,3 asistencias e 2,7 rebotes por encontro. Tras finalizar a campaña, o Club Baloncesto Breogán anuncia a súa incorporación para a temporada 2017−18.
Clubs[editar | editar a fonte]
- CB Gran Canaria (EBA, 2008–2010)
- UB La Palma (LEB, 2010–2012)
- CB Gran Canaria (LEB Prata, 2012–2013)
- Basket Navarra Club (LEB, 2013–2014)
- Club Ourense Baloncesto (LEB, 2014–2015)
- Peñas Huesca (LEB, 2015–2016)
- Club Ourense Baloncesto (LEB, 2016–2017)
- CB Breogán (LEB / ACB, 2017−20)
- Fundación CB Granada (LEB / ACB, 2020–presente)