Fritz Gerlich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFritz Gerlich

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Szczecin, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1934 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , membro da resistencia , escritor , arquiveiro , historiador Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGerman Fatherland Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa30 de xuño Editar o valor em Wikidata


Carl Albert Fritz Michael Gerlich, nado en Stettin (Pomerania) o 15 de febreiro de 1883 e finado no campo de concentración de Dachau o 30 de xuño de 1934, foi un xornalista alemán e historiador, e un dos principais opositores xornalísticos de Adolf Hitler. Foi arrestado, asasinado e cremado no campo de concentración de Dachau.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gerlich naceu en Stettin, Pomerania (actual Polonia). Foi o primeiro dos tres fillos de Paul Gerlich, peixeiro, e da súa muller Therese. En outono de 1889 Gerlich foi matriculado no Marienstiftungymnasium, do que se graduou en 1901.

En 1902 empezou estudos de matemática e física na Universidade de Leipzig.[1] Porén, o ano seguinte matriculouse en historia na Universidade de Múnic. Na universidade foi membro activo do Freistudentenschaft (Asociación de Estudantes Libres). Escribiu a súa tese doutoral Das Testament Heinrichs VI((«O Testamento de Henrique VI»), que rematou en 1907.

O 9 de outubro de 1920 casou con Sophie Botzenhart, nada en Stempfle (Múnic).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de doutorarse, Gerlich traballou como arquiveiro.

Tamén empezou a escribir artigos políticos de carácter anti-socialista e nacionalista conservador para as publicacións Süddeutsche Monatshefte e Die Wirklichkeit. En 1917 afiliouse ao Deutsche Vaterlandspartei («Partido Alemán da Patria») e continuou nel despois deste disolverse na Antibolschewistische Liga («Liga Antibolxevique») en 1919.

En 1919 publicou Der Kommunismus als Lehre vom Tausendjährigen Reich («O comunismo como teoría do reich dos mil años»), en que comparaba o comunismo co fenómeno da relixión redentiva. Dedica un capítulo enteiro da obra a denunciar o antisemitismo, o cal estaba a gañar peso debido ás posicións estratéxicas de moitos xudeus na Revolución e fundación da Unión Soviética e da efémera República Soviética de Baviera.

Gerlich tiña ideas conservadoras e publicou varios artigos anti-socialistas na prensa de dereitas.

Xefe de redacción do Münchner Neueste Nachrichten[editar | editar a fonte]

De 1920 a 1928 foi xefe de redacción do Münchner Neueste Nachrichten, predecesor do actual Süddeutsche Zeitung. Durante ese período a súa circulación foi das máis destacadas do sur de Alemaña.[2] Dende o seu posto de editor, Gerlich calificou o partido nazi e o nazismo de Hitler como "asasinos". Xa a inicios da década de 1920 foi testemuña da tiranía nazi en Múnic.

Tras o Putsch de Múnic de 1923, Gerlich, xa identificado como nacionalista conservador, revirouse contra Hitler e converteuse nun dos seus críticos máis feroces. Outros críticos co nazismo no seo do xornal foron arrestados días despois de Gerlich. Entre eles estaban Fritz Buechner, quen sucedeu a Gerlich como xefe de redacción, e os redactores Erwein Freiherr von Aretin e Cossmann. Todos eles fixeran virar a liña editorial cara ao apoio do regreso da monarquía.

Amizade con Therese Neumann[editar | editar a fonte]

Contra 1927 trabou amizade con Therese Neumann, unha mística católica de Konnersreuth (Baviera), quen apoiou as accións de resistencia de Gerlich. Inicialmente quixo declarar fraudulentas as estigmatizacións de Neumann, mais Gerlich ficou abraiado e en 1931 converteuse do calvinismo ao catolicismo. Desde entón até a súa morte a súa resistencia veu inspirada polo ensino social da Igrexa católica.

O xornal Der Gerade Weg[editar | editar a fonte]

En novembro de 1929 Gerlich retomou o seu traballo nos Arquivos Nacionais bávaros. Un círculo de amizades creado ao redor de Neumann alimentou a idea de fundar un semanario político para combater o extremismo político en Alemaña, tanto de esquerdas como de dereitas. Co príncipe Erich August Waldburg-Zeil como mecenas, Gerlich puido dirixir o semanario dominical Der Illustrierte Sonntag («O domingo ilustrado»), renomeado en 1932 como Der Gerade Weg («O camiño correcto»).

Neste xornal Gerlich manifestou oposición ao comunismo, o antisemitismo e o nacionalsocialismo. A disputa co crecente movemento nazi convertérase no principal obxectivo de Gerlich. Ao final de 1932 o semanario contaba con máis de 40.000 lectores.

Gerlich escribiu: «O nacionalsocialismo significa: inimizade con nacións veciñas, tiranía interna, guerra civil e mundial, mentiras, odio, fratricidio e desexo ilimitado».[3]

O 17 de xullo de 1932 Gerlich criticou e ridiculizou as teorías pseudocientíficas raciais do nazismo no artigo satírico Hat Hitler Mongolenblut? («Ten Hitler sangue mongol?»). O seu obxectivo era tentar probar que Hitler non era ario, ao suxerir que o seu nariz era de tipo mongoloide.[4][5][6]

Arresto e morte en Dachau[editar | editar a fonte]

Tras o ascenso de Hitler ao poder o 30 de xaneiro de 1933, Gerlich foi arrestado o 9 de marzo dese ano e recluído no campo de concentración de Dachau. Alí morreu o 30 de xuño de 1934, na coñecida como noite dos coitelos longos (Nacht der langen Messer). A súa morte foi anunciada de xeito oficial días após o seu arresto, e foi publicada na prensa internacional do momento.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schwaiger, Georg (2015). "Dr. Fritz Michael Gerlich". En Moll, Helmut. Zeugen für Christus. Das deutsche Martyrologium des 20. Jahrhunderts (en alemán) 1 (6ª ed.). Paderborn. p. 479. ASIN 3506780808. ISBN 9783506780805. 
  2. Langer, Peter (abril de 2005). "Paul Reusch und die Gleichschaltung der „Münchner Neuesten Nachrichten" 1933" (PDF). Vierteljahrshefte für Zeitgeschichte (en alemán) (2). p. 203. ISSN 0042-5702. Consultado o 1 de decembro de 2022. 
  3. "Nazionalsozialismus bedeutet Krieg" (PDF). Die gerade Weg (en alemán) (31) (Múnic). 31 de xullo de 1932. p. 9. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  4. "Fritz Gerlich". Spartacus Educational (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  5. "DETECTIVES DE GUERRA: El místico contra Hitler, o las gafas de Fritz Gerlich". Detectivesdeguerra.com (en castelán). 17 de xullo de 2022. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  6. Gerlich, Fritz (17 de xullo de 1932). "Hat Hitler Mongolenblut?" (PDF). Der gerade Weg (en alemán) (29) (Múnic). p. 1. Consultado o 2 de decembro de 2022. 
  7. "Prussian edict forbids Hebrews to change names - More executions are revealed". The Pittsburgh Press (en inglés) 51 (12) (Pittsburgh, PA). 5 de xullo de 1934. p. 1. Consultado o 2 de decembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]