Saltar ao contido

Friaça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFriaça

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Porciúncula, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Itaperuna, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor en Wikidata - 1958 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1944–1949 Club de Regatas Vasco da Gama
1949–1951 São Paulo Futebol Clube 66(48)
1953–1953 Associação Atlética Ponte Preta
1953–1954 Club de Regatas Vasco da Gama 164(108)
1954–1955 Associação Atlética Ponte Preta
1957–1958 Guarani Futebol Clube
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1947–1952   Brasil 13(1)
Participou en
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 49608 Editar o valor en Wikidata

Albino Friaça Cardoso, coñecido simplemente como Friaça, nado en Porciúncula o 20 de outubro de 1924 e finado en Itaperuna o 12 de xaneiro de 2009, foi un futbolista brasileiro que xogaba como extremo dereito.

Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Vasco da Gama, aínda que tamén vestiu outras camisetas como a do São Paulo.[1] Internacional coa selección brasileira, foi autor do único gol do Brasil no partido decisivo do Mundial de 1950, o coñecido como Maracanazo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi descuberto polos dirixentes do Vasco da Gama cando xogaba nun pequeno club de Carangola, o Ipiranga, despois de derrotar aos titulares do Vasco con dous goles seus.[2] O técnico Ondino Viera decidiu a súa contratación, e en 1945 formou parte do núcleo do que se deu en chamar o Expresso da Vitória, o equipo do Vasco que conseguiu varios títulos a nivel estatal e o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores. Con catro goles, foi o máximo artilleiro do seu equipo durante esa competición.[3]

Durante a súa etapa no club, estivo especialmente unido a Jair Rosa Pinto, quen, segundo o propio Friaça, o axudou a mellorar o seu tiro.[3] Unha vez rematado o ciclo de vitorias no Vasco, foi traspasado ao São Paulo, no que xogou dende o 1 de abril de 1949 ata o 27 de marzo de 1951, marcando 48 goles e conseguindo o título de campión paulista.[1] Precisamente polo seu bo rendemento, o Vasco mercouno de novo, manténdoo nas súas filas ata 1952. Máis tarde xogou no Ponte Preta, de novo no Vasco, e no Guaraní, retirándose aos 34 anos. Disputou un total de 191 partidos co Vasco, marcando 113 goles.[4]

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

Foi 13 veces internacional coa selección brasileira, sendo convocado para o Mundial de 1950. Marcou o seu único gol internacional no partido decisivo do torneo contra o Uruguai, batendo ao gardameta Roque Máspoli para poñer o 1-0 no marcador. Con todo, os uruguaios acabaron remontando inesperadamente o partido, que pasou á historia co alcume de Maracanazo.

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Futbolista ofensivo, xogaba na posición de extremo dereito.[5] Era coñecido pola súa velocidade e a potencia do seu tiro, pola súa habilidade para golpear a balón parado e pola precisión dos seus centros.[1][5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Maria Helena, coa que tivo catro fillos: Ronaldo, Ricardo, Rogério e Maria Inês.[6] En 1992 sufriu o duro golpe da morte dun dos fillos, Ricardo, que con 33 anos faleceu nun accidente de voo sen motor. Tras o suceso aumentou o seu consumo de alcol e fumou máis do que xa facía, empeorando así as súas condicións de saúde.[2] En 2005 foi internado no hospital de Itaperuna, onde morreu o 12 de xaneiro de 2009 a causa das complicacións dunha pneumonía.[7][1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Vasco da Gama
São Paulo
Selección brasileira
Individual
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ex-atacante Friaça falece" (en portugués). 12 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2022. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Friaça é o único titular campeão ainda vivo" (en portugués). 14 de marzo de 2008. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Friaça: quase herói em paz no interior do Rio" (en portugués). 17 de outubro de 2007. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  4. "A história de Friaça no Vasco" (en portugués). 20 de outubro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Friaça - Que fim levou?". terceirotempo.uol.com (en portugués). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  6. "Friaça morre no interior do Rio" (en portugués). 12 de xaneiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  7. "Friaca, Who Scored Brazil’s Lone Goal in 1950 World Cup Loss, Is Dead at 84". The New York Times (en inglés). 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]