Saltar ao contido

Frente Obrero (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frente Obrero
Dirixentes e organización
LíderRoberto Vaquero
Historia
Fundación13 de marzo de 2019
Posicións políticas
IdeoloxíaRepublicanismo federal[1]

Antiimperialismo[2]
Obreirismo
Antifeminismo
Anti-lei trans
Natalismo
Patriotismo socialista

Antirrevisionismo
Posición políticaSincretismo político
Outros datos
SedeCalle Gascó Oliag 6, PTA 42. 46010 Valencia.[3]
PublicaciónUnión
Na rede
frenteobrero.es
Bandeira do partido
Frente Obrero no acto realizado no Ateneo de Madrid.

Frente Obrero é un partido político español, inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior coas siglas FO o 13 de marzo de 2019,[4] de ideoloxía republicana e federal.[5]

A súa ideoloxía é unha amálgama de ideas na que se rexeita a dicotomía da esquerda e a dereita, adoptando o que se coñece como terceira posición[6] na que se mesturan elementos ideolóxicos da esquerda como o obreirismo[7] ou antiimperialismo, con outros novidosos como o "patriotismo revolucionario".[8]

A pesar de que dende varios medios de comunicación considéraselles partidarios do comunismo,[9] o partido rexeita esta ideoloxía e opta por denominarse fronte de masas, co fin de «chegar a máis sectores na súa loita política».[10]

Unha das organizacións que forman parte da fronte, o Partido Marxista-Leninista (Reconstrución Comunista),[11][12] autodenomínase antirrevisionista, aínda que no sentido hoxhaísta do mesmo.[13] Entre os grupos que o integran atópanse o citado partido, Mocidade Combativa (as súas mocidades), o sindicato Frente de Obreros en Lucha e Esperanza Obrera.[14]

A organización caracterízase polas súas accións e escraches en contra de distintos partidos políticos de esquerda socialdemócrata como Unidas Podemos,[15] Més per Mallorca[16] entre outros.[15]

Frente Obrero constitúese o 14 de outubro do 2018 no Ateneo de Madrid como a fronte de masas do Partido Marxista-Leninista (Reconstrución Comunista).[17] Durante o acto interviñeron diversos representantes das organizacións que conforman a agrupación, pechando as intervencións o secretario do PML (RC), Roberto Vaquero. Posteriormente, Frente Obrero expandiuse por varias cidades de España, como A Coruña, León, Ponferrada, Zaragoza ou Cádiz.[18]

O 12 de xuño do 2022 celebrouse o seu primeiro congreso[19] no que se votou a decisión de se conformar como partido político, proposta que foi aprobada pola militancia. Durante o congreso interviñeron representantes doutras organizacións, como a Fronte Polisario.[20]

No seu programa defenden a soberanía nacional, a Hispanidade, a educación universitaria gratuíta, a nacionalización dos sectores estratéxicos, a soberanía enerxética, a enerxía nuclear, a subida do salario mínimo, o sector rural, as axudas á natalidade,[21] a vivenda pública, o control dos prezos do alugueiro ou limitar a inmigración para evitar que se formen guetos. Tamén se opón aos fondos voitre, á discriminación positiva, aos ventres de alugueiro, á Unión Europea, á OTAN, ao capitalismo, ao feminismo,[22] a desindustrialización, á ideoloxía queer e a Lei Trans,[23] ao cosmopolitismo, ao posmodernismo e á corrección política.[24]

O programa presentado polo Frente Obrero de cara ás Eleccións Xerais de España de 2023 foi amplamente criticado pola semellanza das súas propostas con ideoloxías de extrema dereita coma o falanxismo e o nacionalsocialismo.

Eleccións

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de España de 2023 presentou candidaturas en Villalba de los Arcos, Santa Margarita, Mislata e Mandayona, un concelleiro foi electo neste último municipio.[25] Tamén se presentou na eleccións xerais de 2023, nas que obtiveron algo máis de 45.000 votos en total.[26]

A pesar de concorrer en eleccións institucionais, o partido declara que non busca participar do sistema, senón unicamente gañar visibilidade.[27]

Escraches a políticos

[editar | editar a fonte]

O día 19 de febreiro de 2019, varios membros do Frente Obrero e das súas mocidades increparon o político de Más Madrid Íñigo Errejón durante un acto de campaña no barrio da Hortaleza, no marco da celebración das eleccións rexionais da Comunidade de Madrid.[28][29]

Máis dun ano despois, en marzo de 2020, militantes do partido concentráronse ante a celebración dun acto na Universidade Complutense de Madrid que ía contar cun relatorio do daquela vicepresidente do Goberno español, Pablo Iglesias.[30]

Críticas

[editar | editar a fonte]

O partido fai gala dun pretendido antiposmodernismo como forma de diferenciarse das forzas comunistas e da esquerda española. Isto motivou que recibisen críticas de sectores progresistas e de esquerdas polo cariz tránsfobo de varias das súas accións,[31] é habitual o apelativo de rojipardos para se referiren aos membros da organización.[32] Ademais diso, o partido "matriz" da Fronte Obreira, o PML (RC), foi criticado polo comportamento de varios dos seus militantes, que levou á condena penal dunha delas por agredir outra exmilitante.[33]

  1. "EL 14 DE ABRIL Y EL MOVIMIENTO REPUBLICANO EN ESPAÑA". Frente Obrero. 2021-04-14. 
  2. "¡NO A LA GUERRA IMPERIALISTA!dataacceso=2022-03-17". Frente Obrero (en castelán). 2022-02-24. 
  3. Frente Obrero. Datos legales
  4. "Frente Obrero". gob.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  5. Pardo, Javier (5 de marzo de 2020). "Frente Obrero: ¿Qué hay detrás del grupo que ha realizado un escrache a Pablo Iglesias?". elplural.com (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  6. "La España que debemos ser" (PDF). frenteobrero.es (en castelán). 7 de setembro de 2022. p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  7. "Una España para los Trabajadores" (PDF). frenteobrero.es. 7 de setembro de 2022. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. O capitalismo non se pode reformar, é un sistema baseado na explotación da gran maioría da poboación ao servizo duns poucos. Por iso, todos os partidos do sistema sempre acaban defendendo o gran capital. Ante este escenario, apostamos por un movemento por e para os traballadores. 
  8. "Sobre el 2 de mayo". frenteobrero.es (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  9. González, Fernán (7 de xaneiro de 2021). "Los 'camaradas' comunistas de Pablo Iglesias en la Facultad: "Podemos es el basurero de la izquierda" | Podemos". okdiario.com (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2023. 
  10. ""Una España para los Trabajadores" (PDF). : 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 08 de xullo de 2023." (PDF). frenteobrero.es. 7 de setembro de 2022. p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. Nin a palabra "comunismo" nin a palabra "marxismo" aparecen nas 87 páxinas do documento político fundacional. 
  11. Pardo, Javier (5 de marzo de 2020). "Frente Obrero: ¿Qué hay detrás del grupo que ha realizado un escrache a Pablo Iglesias?". elplural.com (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  12. Bécares, Roberto (27 de decembro de 2021 [actualizada 5 de xaneiro de 2022]). "Este ex preso fan de Lenin sacude la guerra cultural a la izquierda de la izquierda: rojipardos versus posmodernos". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  13. José María Olmo (6 de junio de 2021). "Vaquero, el marxista que odia a Podemos, ataca el feminismo y no deja de sumar fieles". El Confidencial. Os seus referentes son a URSS de Stalin e, sobre todo, unha das maiores tiranías da historia de Europa, a do ditador comunista Enver Hoxha. 
  14. Terrasa, Montse (2021-05-03). "Cajamar vende el local okupado por Esperanza Obrera y retira los cargos". diariodemallorca.es (en castelán). Consultado o 2022-03-17. 
  15. 15,0 15,1 Coiduras, Cynthia (19 de setembro de 2021 [actualizado 5 de febreiro de 2023]). "Qué es Frente Obrero, el partido de izquierdas que escrachea a políticos de Podemos". elplural.com (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  16. "El Frente Obrero realiza un escrache a Toni Noguera - El Baluarte". elbaluartenoticias.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2023. Consultado o 2022-03-17. 
  17. Frente Obrero (outubro de 2018). "Unión-1" (PDF). Unión. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04/01/2021. Consultado o 04/10/2022. 
  18. "LA MARCHA DEL FRENTE OBRERO". Unión (en castelán) (2): 10. xaneiro 2019. 
  19. "YA DISPONIBLES NUESTROS DOCUMENTOS POLÍTICOS". frenteobrero.es (en castelán). 12 de xuño de 2022. Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  20. Frente Obrero (15 de xuño de 2022). I CONGRESO DEL FRENTE OBRERO (mp4) (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  21. "Natalidad y familia" (PDF). frenteobrero.es (en castelán). 7 de setembro de 2022. p. 45. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. Os gobernos, sexan de esquerdas ou de dereitas, en lugar de impulsar un crecemento da natalidade, apostaron por impulsar a inmigración como único medio para manter as pensións e cubrir a necesidade de emprego. A inmigración controlada é necesaria en todos os países, pero o problema ao que nos enfrontamos non se soluciona animando a outras persoas a abandonar os seus países. 
  22. "Mujer e igualdade real" (PDF). frenteobrero.es (en castelán). p. 40. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. Desde hai uns anos puidemos comprobar como a ideoloxía nociva do posmodernismo incrustouse no poder, converteuse no hexemónico e impúxose en todas as ordes. O feminismo é un dos seus máximos expoñentes. Para nós todo movemento ou ideoloxía que apoia a segregación de sexos, polo interclasismo, pola división da clase obreira, polo enfrontamento entre homes e mulleres e a discriminación de calquera tipo, é en esencia algo reaccionario 
  23. "Una España para los Trabajadores" (PDF). frenteobrero.es (en castelán). p. 40. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2023. Consultado o 3 de outubro de 2023. O movemento queer veu atacar e perseguir ás feministas radicais e defender a regulación da prostitución e a maternidade subrogada. Moitos dos seus líderes son bioloxicamente masculinos. A muller foi suplantada no que debía ser o seu propio movemento 
  24. "Frente Obrero". Frente Obrero (en castelán). Consultado o 2023-10-02. 
  25. Vera, Hugo (2023-05-29). "El Frente Obrero logra su primer concejal". Patente de Corso (en castelán). Consultado o 2023-10-02. 
  26. Redacción (24 de xullo de 2023). "El Frente Obrero de Roberto Vaquero obtiene 46.530 votos en las generales". eldiario.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  27. "Sobre las elecciones municipales". frenteobrero.es (en castelán). Consultado o 08-07-2023. 
  28. Redacción (2019-02-21). "El escrache a Íñigo Errejón de un grupo de jóvenes de extrema izquierda: "Os habéis dedicado a vender humo, sois unos traidores"". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2022-10-16. 
  29. 20minutos, Europa Press / Redacción (2019-02-21). "Escrache a Errejón, al que acusan de "traidor", de "vendehumos" y de provocar el auge de "partidos fascistas"". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 2022-10-16. 
  30. Europa Press / Redacción (2020-03-04). "Escrache a Pablo Iglesias en la Complutense por jóvenes de izquierdas". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 2022-10-17. 
  31. Redacción (2021-06-30). "L'organització trànsfoba Frente Obrero posa un cartell a l'Ajuntament de Palma per a atacar Samantha Hudson i la Llei Trans". dbalears.cat (en catalán). Consultado o 2022-10-17. 
  32. Bécares, Roberto (2021-12-27). "Este ex preso fan de Lenin sacude la guerra cultural a la izquierda de la izquierda: rojipardos versus posmodernos". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 2022-10-17. 
  33. Marco, Lucas (2020-08-19). "Condenada una militante del partido Reconstrucción Comunista por agredir a una amiga que abandonó la militancia y acusarla de "claudicadora"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2022-10-17.