Free & Easy
«Free & Easy» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Ayumi Hamasaki | |||||
do álbum 'RAINBOW' | |||||
Lanzamento | 24 de abril de 2002 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2002 | ||||
Xénero musical | J-Pop | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 22:43 | ||||
Discográfica | avex trax | ||||
Produtor(es) | Max Matsuura | ||||
Escritor(es) | Ayumi Hamasaki | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Free & Easy é o sinxelo número 26 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 24 de abril do ano 2002 baixo o selo avex trax.
Información
[editar | editar a fonte]"Free & Easy", que foi escrita por Ayumi Hamasaki, composta por CREA e D·A·I, arranxada por HΛL, e mesturada por Yasuo Matsumoto, marca a entrada da artista nun novo estilo que pouco a pouco foi tomando, con ritmos e letras moito máis fortes e crúas (no videoclip da canción, Ayumi é condenada a morte, sendo queimada atada a un tronco e máis tarde sepultada), algo que sen dúbida marca esta canción.
O sinxelo inclúe versións orixinal e instrumental do tema que lle dá nome ó sinxelo, á parte de dúas remesturas do seu anterior álbum I am..., un con toques 2-Step e house remesturado por CMJK (pista 2) mais un cun toque máis de Trance, remesturado polos Warp Brothers (pista 3). Este foi o primeiro single que deixou de conter máis de catro cancións dende Boys & Girls no ano 1999.
A creación do tema é o resultado dunha repentina inspiración de Hamasaki e os seus produtores sentida tras participar na sesión fotográfica para a revista que, curiosamente, tamén se chamaba Free & Easy. A canción marca o inicio dunha nova etapa musical da artista, no que as súas composicións destacan polas súas fortes letras e tamén por un arranxo estilo gótico obra dos produtores HΛL. Nunha entrevista realizada pola páxina web oficial de Hamasaki, revelouse que chamaran anteriormente a outros músicos para que arranxaran o tema, pero tras escoitar o que HAL podía achegar á mensaxe da canción, foron escollidos.
Esta é a mensaxe escrita pola mesma Ayumi con respecto a esta canción:
Neste tema, escribín os sentimentos que experimentaba no momento. Noutras palabras, “Quero ser unha persoa que vive tomando responsabilidade da súa propia liberdade” e “quero ser unha persoa para quen estas palabras sexan absolutamente aplicables”. Pero, no momento da gravación, como tiña unha idea tan clara do que quería dicir, fíxoseme máis difícil do normal crear unha melodía que encaixase coa mensaxe das letras. [1]
O vídeo musical considérase un dos máis profundos en canto a unha mensaxe ocultoa, a pesar da súa simplicidade. Dentro deste, Ayumi é condenada a morte e, aínda que non se mostre o momento en cuestión, ó final aparece un ataúde no que supostamente esta o corpo da moza.
Lista de temas
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | Free & Easy "Original Mix" |
2. | Naturally "dolly remix" |
3. | Still alone "Warp Brothers Extended Mix" |
4. | Free & Easy "Original Mix -Instrumental-" |
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Lista | Máxima posición | Vendas totais | Semanas |
---|---|---|---|---|
24 de abril de 2002 | Oricon Weekly Single Chart | #1 | 487,000 | 9 |