Francisco Vázquez Enríquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 29 de novembro de 1951 Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
17 de novembro de 1934 – 23 de febreiro de 1936 ← Raimundo López Pol – Ánxel Casal → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Francisco Vázquez Enríquez, finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1951[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1903 dirixiu La Emancipación de Noia. Foi Xuíz municipal de Outes (1908-1909). En novembro de 1917 dirixiu Gaceta de Galicia. Colaborou en A Nosa Terra. Foi candidato das Irmandades da Fala para as eleccións de 1918 polo distrito de Noia fronte a Eduardo Gasset Neira, pero foi derrotado. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión en 1921[2], foi incapacitado e suspendido no cargo en marzo de 1923, pero o acordo foi revogado en novembro[3]. Tamén foi candidato a deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1923[4]. Instalado como avogado en Santiago de Compostela, en 1931 foi elixido presidente do comité provisional da Agrupación Nazonalista de Santiago. En 1934 foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela e deputado provincial. Foi xefe superior de Administración civil.
Predecesor: Raimundo López Pol |
Alcalde de Santiago 1934 - 1936 |
Sucesor: Ánxel Casal |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de la Concepción Méndez-Brandón Bartolomé e foi pai de Fernando Vázquez Méndez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Noche, 30-11-1951, p. 5.
- ↑ El Compostelano, 6-6-1921, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 10-11-1923, p. 1.
- ↑ El Ideal Gallego, 27-4-1923, p. 1.