Francisco Romero Lema
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Baio, España |
Morte | 27 de novembro de 1972 (68/69 anos) Baio, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Francisco Romero de Lema, nado en Baio (Zas) en 1903 e finado na mesma parroquia o 27 de novembro de 1972, foi un escritor galego, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Empregou o pseudónimo de Rosendo Ruiz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 12 de outubro de 1923, na casa da infancia de Rosalía de Castro en Ortoño, xunto con Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Bouet, Xosé Pena Pena, Lois Tobío Fernández, Ramón Martínez López, Manoel Magariños Negreira, Alberte Vidán Freiría e Xosé Filgueira Valverde, fundou o Seminario de Estudos Galegos.[1]
Licenciado en Filosofía e Letras, tentou demostrar, a través da análise da súa lingua, a procedencia galega de Cristovo Colón e adicou parte da súa vida a divulgar a figura do seu paisano Enrique Labarta Pose, escritor.
Finou nun accidente de tráfico cando volvía da misa á casa.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Enrique Labarta Pose (1863-1925), A Coruña, El Correo Gallego, 1928.
- La lengua de Cristóbal Colón, A Coruña, Editorial Moret, 1969.[3]
- "Enrique Labarta Pose" en Bayo en fiestas, Santiago de Compostela, 1970.
Póstuma
[editar | editar a fonte]- Prosas recuperadas: o periodismo de Manuel Murguía: (antoloxía básica, 1853-1923), 194 pp. , Fundación Caixa Galicia, 1998.
- Vocabulario de Soneira, edición e notas de Xosé María Rei Lema. Anexo 6 de Cadernos da Lingua, 195 pp., A Coruña, RAG, 2000, ISBN 978-84-87987-40-3.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez Sánchez, Anxo; Queixas Zas, Mercedes (2001). Edicións A Nosa Terra, ed. Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). Vigo. p. 185. ISBN 84-95350-79-3.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-11-1972, p. 31.
- ↑ Imaxe da portada
- ↑ "Presentada a primeira obra que recolle as características da fala de Soneira" Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. la Voz de Galicia, 22/7/2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rei Lema, Xosé María: "Francisco Romero Lema ou unha vida de homenaxe a Enrique Labarta Pose" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Boletín Galego de Literatura 24, 2000.