Francisco Dotras Lamberti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Dotras Lamberti
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Dotras Lamberti, nado en Vigo o 5 de outubro de 1921 e finado na Coruña o 15 de setembro de 2014,[1][2][3] foi un diplomático, empresario, pintor, escritor e locutor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Vigo, aínda que pasou a maior parte da súa vida na Coruña, e sempre estivo vinculado ó mar. A súa familia, de feito, era propietaria de negocios de pesca, e el comezou a traballar nunha das súas industrias conserveiras aos 16 anos. Estudou na súa cidade de nacemento Profesorado Mercantil e Enxeñaría Técnica Industrial e fixo as prácticas de alférez en San Amaro (A Coruña), onde casou con María de la Consolación Menéndez Ponte, coa que tivo catro fillos (Sonia, Leticia, Mónica e Virginia).[4] Tivo varios cargos na Naviera Ponte Naya (propiedade da familia da súa esposa) que recibe o seu nome do naviero Joaquín Ponte Naya.[5]

En 1940 foi un dos fundadores (xunto con Francisco Otero Mariño) da empresa Conservas Friscos,[6] título que provén da contracción de ambos nomes.

En 1962, grazas á súa condición de consignatario e armador, foi nomeado cónsul honorario de Francia na Coruña, cargo que ostentou ata 1991, cando o ocupou a súa esposa ata 1999, ano en que asumiu o cargo a súa filla Mónica.[7][8]

O "Blanca Quiroga" no parque de Bens.

Tras o naufraxio en 1970 do pesqueiro "La Isla" ao encallar xunto á Torre de Hércules,[9] no que unicamente foi recollido con vida o maquinista do barco, Francisco Dotras encabezou un movemento social que conseguiu establecer a primeira base en España da Cruz Vermella do Mar, e a chegada á Coruña en 1973 do barco de rescate marítimo Blanca Quiroga, que participou en salvamentos de catástrofes como as dos petroleiros Urquiola (1976) ou o Mar Exeo (1992).[10][11] Desde 2002, o barco está retirado e exposto no parque de Bens.[12]

Xa nos anos 1980, foi presidente da compañía Aluflet e armador do buque Xove, que transportaba alumina desde San Cibrao á Coruña.[3]

Tamén foi Presidente do Colexio Profesional de Peritos Industriais da Coruña e do Club de Cine Afeccionado da mesma cidade.[4][13]

Asociación Gran Armada[editar | editar a fonte]

En 2000, asumiu o cargo de Presidente da Asociación Histórico Cultural Gran Armada, que ostentou ata o 8 de febreiro de 2014,[14] cando foi nomeado Presidente de Honra.[15] Esta asociación dedicouse, segundo os seus estatutos, á promoción e execución de todo tipo de iniciativas encamiñadas a conservar, protexer e divulgar o patrimonio artístico, cultural e histórico que representan as armadas españolas.[16] Xunto co secretario da asociación, Rafael Ramos, Francisco Dotras participou en 2001 na homenaxe ao 400 aniversario da Batalla de Kinsale, á que asistiron o Duque de York, a Presidenta de Irlanda e os embaixadores en dito país de España e o Reino Unido.[17] Tamén impulsaron a creación en 2006 dun monumento á infantaría de mariña en Ortigueira.[18] Durante a súa presidencia recibiu a medalla da Real Liga Naval en 2011.[19]

Tamén colaborou na revista da asociación[20] con diversos artigos; nun deles, tras o Desastre do Prestige,[21] Francisco Dotras pedía o seguinte:

Crear unha organización Europea equivalente a "Bombeiros do mar" para salvar vidas humanas, salvar barcos, compensar perdas a terceiros, etc.

Unha das súas actividades representando á asociación foi crear en 2010, na emisora comunitaria Cuac FM, un programa de radio que trataba dunha conversa entre el e Antonio Abeijón sobre distintos asuntos relacionados co mar.[22] Francisco Dotras gañou o premio da emisora ao Mellor Locutor Novato,[2] e seguiu participando na radio ata pouco antes do seu falecemento en 2014.

Escritor e pintor[editar | editar a fonte]

Francisco Dotras publicou diversos artigos, tanto na citada revista da Asociación Gran Armada como noutros medios; en 1997, reuniu unha serie de escritos seus no libro El árbol, el hijo y esto.

Realizou diversas exposicións das súas pinturas, nas que ilustraba con acuarelas temas marítimos e campestres.[3] A modo de exemplo, doou ao Museo Militar da Coruña o seu cadro María Pita.[23] Outros cadros seus foron incluídos no Catálogo do Patrimonio Artístico da Deputación da Coruña.[24]

Falecemento[editar | editar a fonte]

O 15 de setembro de 2014, aos 92 anos de idade, faleceu na Coruña, segundo recolleron varios medios galegos.[2][3] Recibiu diversos recoñecementos, entre os que destaca o da embaixada francesa en España.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cabaleiro da Orde do Mérito Civil da República Francesa.[8]
  • Oficial do Mérito Naval da República Francesa.[8]
  • Medalla de Exteriores da República Francesa.[4]
  • 2011. Medalla da Real Liga Naval.[19]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Dotras Lamberti, Francisco (1997). El árbol, el hijo y esto (en castelán). Stanfer Ediciones. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "In memoriam: Francisco Dotras Lamberti" (papel). PROA a la mar (en castelán) (167) (Madrid). 2014. p. 82. ISSN 2341-1538. Consultado o 03-09-2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Manuel Varela (16-09-2014). "Fallece el excónsul de Francia en A Coruña Francisco Dotras Lamberti a los 93 años" (dixital). La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Emiliano Mouzo (16-09-2014). "Fallece Francisco Dotras Lamberti, impulsor del salvamento marítimo en A Coruña y excónsul de Francia" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Carlos Fernández (14-04-2005). "Naviero, pintor y decano" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 03-09-2019. 
  5. Carlos Fernández (13-09-2008). "Joaquín Ponte Naya, naviero emprendedor e impulsor del puerto" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 03-09-2019. 
  6. "Conservas Friscos". Friscos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03-09-2019. Consultado o 03-09-2019. 
  7. 7,0 7,1 "Fallecimiento del ex Cónsul Honorario de Francia en La Coruña" (dixital). Embajada de Francia en Madrid (en castelán) (Madrid). 17-09-2014. Consultado o 03-09-2019. Español francófilo, contribuyó durante los 24 años de su misión a profundizar las relaciones entre Galicia y Francia sin ahorrar nunca esfuerzos para asistir a nuestros compatriotas residentes o turistas. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Ana Rodríguez (01-12-2008). "Francofilias coruñesas" (dixital). La Opinión de A Coruña (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. 
  9. Emiliano Mouzo (14-10-2015). "El naufragio que movió conciencias" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. Así, Dotras cuenta en su libro El árbol, el hijo y esto, que el siniestro de La Isla «hizo sentir a los organismos locales y provinciales, a particulares y sociedades, la necesidad del establecimiento de un servicio de salvamento de náufragos con base en nuestro puerto...» 
  10. Emiliano Mouzo (02-10-2011). "Cuarenta años salvando vidas" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. Ante semejante desgracia, Francisco Dotras Lamberti encabezó un movimiento social coruñés que permitió traer al puerto de la ciudad, un año después del siniestro, dos embarcaciones inglesas diseñada para el rescate de vidas humanas en el mar. 
  11. Isabel Iglesias (03-02-2014). "Océanos de cemento" (dixital). enPalabras (en castelán). Consultado o 03-09-2019. 
  12. "La «Blanca Quiroga» ya descansa en su retiro del parque de Bens" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 30-11-2002. Consultado o 03-09-2019. 
  13. Carlos Fernández (11-03-2002). "Aprendices de Spielberg" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. 
  14. "Un poco de historia". Asociación Cultural Contra Armada (en castelán). Arquivado dende o orixinal (dixital) o 03-09-2019. Consultado o 03-09-2019. Dotras llevó la Asociación a lo más alto, con numerosos viajes y actos, entre los que destaca la visita a Irlanda del año 2001 y la erección del monumento a la expedición de Don Juan del Aguila que inauguró la presidenta de Irlanda, entre otros muchos recogidos en las revistas. 
  15. Abel Peña (9-02-2014). "La asociación Gran Armada prepara una ruta por las murallas restauradas" (dixital). El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 03-09-2019. El día de ayer fue muy especial para la asociación histórica Gran Armada, que vivió la despedida de su hasta ahora presidente, Francisco Dotras, que pasa a ser presidente de honor. 
  16. ORP (12-2006). "Monumento a la Infantería de Marina" (papel). Revista General de Marina (en castelán) (Madrid). pp. 929–930. ISSN 0034-9569. Consultado o 03-09-2019. 
  17. Olivia Kelleher (24-09-2001). "Duke is bowled over by Battle of Kinsale" [O Duque encabeza a Batalla de Kinsale] (dixital). The Irish Times (en inglés) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. Part of the memorial of Galician granite was donated by the Invincible Armada Association, La Coruña, which was represented by its president, Mr Francisco Dotras Lamberti, and secretary, Mr Rafael Ramos. 
  18. Xosé V. Gago (19-10-2006). "Ortigueira, rendida a los «marines»" (dixital). La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol). Consultado o 03-09-2019. La iniciativa del monumento partió de la asociación Gran Armada, presidida por Francisco Dotras Lamberti. 
  19. 19,0 19,1 Abel Peña (06-08-2011). "La Real Liga Naval celebra una entrega de medallas en pro de la cultura del mar" (dixital). El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). Consultado o 03-09-2019. 
  20. "Revista de la Asociación". Asociación Contra Armada (en castelán) (A Coruña). Arquivado dende o orixinal (dixital) o 03-09-2019. Consultado o 03-09-2019. 
  21. "Prestige / Prestigio" (PDF). Revista Asociación Gran Armada (en castelán) (3) (A Coruña). 2003. pp. 20–23. Arquivado dende o orixinal (papel) o 16-07-2019. Consultado o 03-09-2019. 
  22. "Podcast "La Gran Armada"" (dixital). iVoox (en castelán). Consultado o 03-09-2019. 
  23. "Nuestras figuras" (dixital). Real Orden de Caballeros de María Pita. Consultado o 03-09-2019. 
  24. Antonio Garrido Moreno (2011). "II. Artes plásticas (1990-2010)" (dixital). Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña. ISBN 978-84-9812-150-6. Consultado o 03-09-2019.