Franca Rame
Franca Rame | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xullo de 1929 |
Parabiago | |
Falecemento | 29 de maio de 2013 |
Milán | |
Causa | Ictus |
Soterrada | Cemitério Monumental de Milão |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Relixión | ateísmo |
Ocupación | actriz, escritora, política |
Pai | Domenico Rame |
Cónxuxe | Dario Fo |
Fillos | Jacopo Fo |
Irmáns | Enrico Rame |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Franca Rame, nada en Parabiago, 18 de xullo de 1929 e finada en Milán o 29 de maio de 2013, foi unha actriz de teatro, escritora e política italiana.[1]
Biografía[editar | editar a fonte]
Naceu en Parabiago, Lombardía, nunha familia cunha longa e extensa tradición teatral. Debutou no teatro en 1951. Pouco despois, coñeceu a Dario Fo, dramaturgo italiano, e casaron en 1954. O seu fillo, Jacopo Fo naceu o 31 de marzo de 1955. En 1958, fundou xunto co seu marido a compañía teatral Dario Fo-Franca Rame en Milán, Fo era o director e escritor, e Rame a actriz protagonista e administradora. Un ano máis tarde estreaban a peza de Fo Gli arcangeli non giocano a flipper.
Rame continuou traballando con Fo en numerosas obras de teatro e en varias compañías de teatro, alcanzando un éxito popular. A partir de 1968 o matrimonio crea un colectivo teatral independente, por razóns políticas e ideolóxicas, onde actuou en obras teatrais satíricas e de contracultura moi comprometidas, lembrando a Morte accidental dun anarquista e Non si paga, non si paga!. Xunto co seu marido apoiou a organización italiana Soccorso Rosso Militante.
Nos anos 70 participou no movemento feminista interpretando os seus propios textos: Tutta casa, letto e chiesa, Grasso è belo!, La madre.
En marzo de 1973, foi secuestrada por un grupo de extrema dereita e violada, sufrindo múltiples e importantes feridas. Posteriormente escribiu o monologo Lo stupro (A violación), inspirado na súa experiencia persoal.
Nas eleccións xerais de Italia de 2006 foi candidata ao Senado por Piamonte, Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Toscana e Umbría entre as filas do partido político Italia dei Valori. Foi elixida senadora en Piamonte. Tamén en 2006, Antonio Di Pietro propúxoa ao cargo de Presidenta da República. Recibiu vinte e catro votos.
Deixou o Senado en 2008. En 2009, xunto co seu marido Dario Fo escribiu a súa autobiografía Una vita all'improvvisa.
Faleceu en Milán o 29 de maio de 2013, aos 83 anos.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "El teatro europeo y Dario Fo pierden a Franca Rame". El País. 29 de maio de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013.(en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial de Franca Rame (en italiano).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franca Rame ![]() |