Saltar ao contido

Folosa grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folosa grande
Acrocephalus arundinaceus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
A. arundinaceus Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaAcrocephalidae
XéneroAcrocephalus
EspecieAcrocephalus arundinaceus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Acrocephalus arundinaceus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Masa3,15 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada4,2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ywzd Editar o valor en Wikidata
ITIS558408 Editar o valor en Wikidata
OTT800677 Editar o valor en Wikidata
UICN104317670 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A folosa grande,[1][2] ou fulepa grande,[3] (Acrocephalus arundinaceus) é unha ave paseriforme da familia dos acrocefálidos (Acrocephalidae), pertencente ao xénero Acrocephalus.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O corpo mide uns 19 cm e ten unha envergadura de ás é de 28 cm, o que a converte na meirande das folosas europeas. Pesa entre 25 e 36 gramos. A parte superior do seu corpo é castaña, a inferior de cor branca tirando a amarela. A gorxa é branca e ten unha banda branca característica sobre dos ollos. O peteiro é forte. Machos e femias comparten a mesma coloración.

Distribución xeográfica e hábitat

[editar | editar a fonte]

Vive en case toda Europa entre abril e setembro, en Asia ten unha distribución ampla, chegando a China e Corea. Os exemplares europeos pasan o inverno en África tropical e do sur. Fan a emigración en grandes etapas, interrompidas por pausas longas, que poden durar semanas, nas que procura recupera-las súas reservas de graxa para poder segui-lo seu camiño.

Vive nos canavais e entre as plantas das ribeiras de lagos, estanques, ríos e pantanos.

Alimentación e reprodución

[editar | editar a fonte]
Niño da Folosa grande
Cuculus canorus canorus + Acrocephalus arundinaceus

Chouta e agatuña con axilidade entre as canas para alimentarse de arañas, insectos e larvas, cágados e bagas. Maduran sexualmente ó ano de vida. A época reprodutora en Europa ten o seu cumio entre maio e xullo. Fai un niño de herbas e xuncos con xeito de cunca que agochado entre as plantas acuáticas suxeito a tres ou catro canas e pendurando sobre da auga. A femia pon de 4 a 6 ovos que son chocados entre 12 e 14 días. Os seus niños son paras con frecuencia polos cucos.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:

As vellas subespecies A. a. griseldis de Iraq, e A. a. orientalis de Sinkiang e leste de Mongolia, conca inferior do río Amur e do Xapón son consideradas agora dúas especies separadas: Acrocephalus griseldis e Acrocephalus orientalis.

  1. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.
  2. "Folosa". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]