Acrocefálidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Acrocefálidos
Acrocephalidae
Acrocephalus arundinaceus
Acrocephalus arundinaceus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Salvin, 1882
Xéneros
  • Véxase o texto
Iduna natalensis.

A dos acrocefálidos (Acrocephalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.

A familia está integrada por 5 xéneros que agrupan unhas 60 especies coñecidas vulgarmente como folosas,[1] que antigamente estaban incluídas na familia dos sílvidos.

Características[editar | editar a fonte]

As especies desta familia adoitan seren paxaros bastante grandes, a maioría de cor parda olivácea nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores varían da amarela á abrancazada.

Adoitan encontrarse en bosques abertos, xunqueiras e campos con herbas altas.

Os membros da familia están presentes no Vello Mundo, principalmente na Eurasia meridional e occidental e nas súas proximidades (ten algúns representantes en África), aínda que outros tamén se estenden até Oceanía.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1882 polo ornitólogo e herpetólogo británico Osbert Salvin.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Acrocephalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Acrocephalus, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte, o nome Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, derivados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente.

Calasificación[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia os 5 xéneros seguintes:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resumo)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]