Florentino Rodríguez Palacios
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Caborana, España |
Morte | 23 de setembro de 1936 (39/40 anos) Aranga, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Vilarraso |
Alcalde de Ayer | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Florentino Rodríguez Palacios, nado en Caborana (Ayer) en 1896 e finado en Aranga o 23 de setembro de 1936, foi un político asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante socialista, estivera na cadea na súa mocidade a consecuencia da folga xeral de agosto de 1917. Despois foi candidato socialista nas eleccións municipais de Ayer en 1920 e foi un dos asistentes ao congreso mineiro celebrado en xaneiro de 1922 en Mieres. Foi alcalde socialista de Ayer de 1932 a 1936. En xaneiro de 1936 foi xulgado pola súa participación na revolución de outubro de 1934, e condenado á pena de doce anos e un día de prisión. Foi detido na noite do 21 ao 22 de setembro de 1936 en Mondoi (concello de Oza dos Ríos), onde residía accidentalmente, por dous homes que se identificaron como axentes da autoridade.
O seu cadáver apareceu na mañá do 23 de setembro de 1936 na estrada de Castela (actual N-VI) en Aranga, morto por disparos. Foi soterrado no cemiterio de Vilarraso e inscrito no rexistro civil de Aranga como descoñecido. En decembro de 1940 María López Lendoiro identificou ao morto como o seu marido Florentino Rodríguez Palacios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (2009). "Villaverde e Palacios. O “alcalde de Santa Cruz” e o alcalde asturiano" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (28): 15–17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016.