Marcial Villaverde Viqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcial Villaverde Viqueira
Biografía
MorteFerrol Editar o valor em Wikidata
Alcalde Oza dos Ríos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Marcial Villaverde Viqueira, finado en Ferrol, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Santa Cruz de Mondoi, obtivo o segundo premio de millo no Concurso de patacas e millos de Betanzos de 1932.[1] Militante do PSOE. Na Segunda República era vogal da Agrupación Socialista de Betanzos e foi nomeado alcalde de Oza dos Ríos en marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado nunha casa de Santiago de Paderne na que foi detido a causa dun aviso por un grupo de falanxistas e gardas civís de Betanzos. Cando o levaban a pasear fixo fronte a un dos gardas e botoulle as mans ao fusil que disparou cara a arriba, aproveitando para escapar. Cruzou o río Mandeo varias veces e perdeu a roupa. Estivo fuxido unha tempada en Mántaras, Coruxou e Areas. Regresou á casa de Mondoi e permaneceu agochado alí. No fondal da horta inmediata á casa fixo unha cova á que se acedía a través dun túnel desde un alpendre onde tiñan o forno. Botou sete anos agochado na casa sen que os fillos o souberan, até que en 1943 se presentou ás autoridades e saíu en liberdade. Despois instalouse en Curtis onde montou un bar e contactou con Isabel Ríos. Volveu ser detido e encarcerado seis meses, xunto co fillo máis vello, por colaboración coa guerrilla. Deixou o bar e marchou a Ferrol, onde morreu con 54 anos.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Oza dos Ríos
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 4-11-1932, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]