Filgueira, Crecente
Filgueira | |
---|---|
Igrexa de Filgueira | |
Concello | Crecente[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′43″N 8°12′09″O / 42.2118228, -8.20251004 |
Poboación | 193 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 34[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam)[2] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.
A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé. Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O fitónimo galego Filgueira (do latín FĬLĬCARIA, derivado de FĬLIX, -ĬCIS)[3][4] refírese a un lugar abondoso en fentos. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.[5][6][7]
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Durante a romanización de Galicia construíuse unha calzada, e a conexión a través do río Miño facíase posteriormente coa barca de Filgueira.
No século XVIII constituíuse a parroquia da A Ameixeira, segregándose os seus lugares de Filgueira. A Ameixeira, que dependía da capela de San Colmede, anexo de Filgueira, reclamou constituírse como parroquia após o derrubamento deste templo para aproveitar as pedras na construción da actual igrexa parroquial de Filgueira.[8][9]
A igrexa de San Pedro de Filgueira é do século XVIII con fachada neoclásica, os cruceiros son da mesma época (o do atrio é de influencia portuguesa). Consérvanse varias pontes e muíños sobre pequenos ríos que baixan do monte Chan de Moeiras, entre os que destaca a ponte de San Xosé (sobre un regato do mesmo nome) cunha capela vella en fronte da ponte.
A finais do século XIX chegou o ferrocarril e fórmase o barrio de Filgueira estación, un lugar moi concorrido xa que desde alí se cruzaba o Miño cara a Celanova e o balneario de Cortegada de Baños e se comerciaba, sendo moi importante o tráfico de madeira. Durante séculos funcionou como lugar de paso do Miño un posto de barcas entre ambas as dúas beiras e que ocasionou preitos entre o mosteiro de Celanova e unha familia nobre polas ganancias de dita barca, que funcionou dende a idade media ata principios do século XX, cando se construíu a ponte vella de Cortegada-Filgueira. O esmorecemento do lugar continúa coa emigración durante a segunda metade do século XX, cando se construíu o encoro de Frieira.
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro situado á entrada do igrexario
-
Fachada da igrexa de san Pedro
-
Cruceiro situado no adro da igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Filgueira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Crecente (Pontevedra) | |
---|---|
O Agro | A Aldea | Os Baróns | A Calzada | Cañoto | Os Carballás | A Carreira | Casares | Os Casás | O Ceo | A Choca | O Coiñedo | A Costa | A Devesa | A Ermida | Guillade | Os Martingos | O Outeiro | O Pazo | A Pousa | As Quintas | A Raxeira | O Rego | O Reguengo | O Rial | A Riba | A Rochela | O Romano | O Sifón | O Souto | O Surreiro | As Tabernas | A Ucha | A Viña |
Parroquias de Crecente
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx. 309, 320 ISBN 978-84-9865-892-1
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 260. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 203. Ed. Xerais, Vigo 1992.
- ↑ Landín Carrasco, A. (1995). Notas de toponimia gallega. Pontevedra: Museo de Pontevedra. T. XLIX. pp. 499–539.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Río Barja, Francisco Xavier (1990). Cartografía Xurisdiccional de Galicia no Século XVIII (PDF). Consello da Cultura Galega. p. 240. ISBN 84-87172-55-5.
- ↑ "Igrexa de San Bernabeu". Concello de Crecente.