Ficus elastica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Árbore do caucho
Ficus November 2008-1.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotas
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Moraceae
Tribo: Ficeae
Xénero: 'Ficus'
Subxénero: 'Urostigma'
Especie: ''F. elastica''
Nome binomial
'Ficus elastica'
Roxb. ex Hornem. 1819 not Roxb. 1832 nor Roxb. 1814
Sinonimia[1]
  • Ficus clusiifolia Summerh. 1929 not Schott 1827
  • Ficus cordata Kunth & C.D.Bouché 1846 not Thunb. 1786
  • Ficus elastica var. belgica L.H.Bailey & E.Z.Bailey
  • Ficus elastica var. benghalensis Blume
  • Ficus elastica var. decora Guillaumin
  • Ficus elastica var. karet (Miq.) Miq.
  • Ficus elastica var. minor Miq.
  • Ficus elastica var. odorata (Miq.) Miq.
  • Ficus elastica var. rubra L.H.Bailey & E.Z.Bailey
  • Ficus karet (Miq.) King
  • Ficus skytinodermis Summerh.
  • Ficus taeda Kunth & C.D.Bouché
  • Macrophthalma elastica (Roxb. ex Hornem.) Gasp.
  • Visiania elastica (Roxb. ex Hornem.) Gasp.

Ficus elastica, coñecida coma árbore do caucho[2][3] é unha especie perennifolia do xénero do mesmo xénero que a figueira, nativa do nordés da India (Assam), oeste de Indonesia (Sumatra e Xava). Foi introducida en Europa en 1815 como planta de interior.

Descrición[editar | editar a fonte]

Árbore grande do grupo dos Ficus epífitos, acadando 30–40 m (raramente 60 m) de altura, cun tronco macizo irregular, de 2 m de diámetro, que desenvolve raíces aéreas e contrafortes para o ancorar ao chan e axudar a soportar as pesadas pólas case horizontais. Follas largas, brillantes, ovais, de 10–35 cm de longo e 5–15 cm de largo; ese tamaño é maior en plantas novas (ocasionalmente de 45 cm de longo), moito máis miúdas en exemplares vellos (tipicamente de 10 cm de longo). As follas desenvolven unha vaíña no meristemo apical, que vai medrando a medida que a nova folla crece. Cando madurece, desprégase e a vaíña cae da planta. Dentro da folla nova, atópase outra inmatura.

Coma noutros membros do xénero Ficus, as flores requiren unha especie particular de avespa do figo para se polinizaren, nunha relación de coevolución. Por mor desta relación, esta árbore non produce flores nin coloridas nin recendentes para atraer outros polinizadores. O froito é un figo miúdo, amarelo averdado oval, de 1 cm de longo, apenas comestíbel; con só unha semente viábel, onde se atopa a avespa pertinente.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Toro de F. elastica con raíces aéreas.

Ficus elastica cultívase mundialmente como planta ornamental, como planta de exterior en climas cálidos desde o trópico ás rexións mediterráneas, e en climas fríos como planta de interior. Aínda que crece en Hawai, a especie de avespa do figo requirida para permitir a súa propagación por semente non existe.

Follas

En cultivo, prefire exposicións asolladas, mais non altas temperaturas. Tolera ben a seca, aínda que prefire a humidade e prospera mellor en condicións tropicais. As variedades híbridas derivadas de Ficus elastica robusta con follas moito máis largas, rexas e ergueitas son máis utilizadas como planta ornamental ca a especie silvestre. Existen moitos destes híbridos, a miúdo con follas variegadas.

Cando se produce unha ferida o látex abrolla abundantemente, polo que ao realizar podas é conveniente cubrir os cortes con cinsa ou po de carbón para evitar o sangrado.

A maioría das plantas cultivadas prodúcense por reprodución asexual. Xeralmente faise por plantado de esgallos ou porbaixas aéreas. Este último método require facer un corte no talo, a ferida, co látex zumegante, aspérxese con hormonas enraizantes, envólvese con mofo de esfagno húmido. Entón envólvese todo con plástico e mantense así uns meses. Ao cabo dese período de espera teranse desenvolvido novas raíces dos gomos auxiliares. O talo xa se pode cortar por baixo das raíces e a nova planta ponse en vaso.

O látex da árbore usouse para facer caucho, antes de usarse a Hevea brasilensis. Este zume é moi irritante aos ollos e pel, e fatal se se inxire.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ficus elastica foi descrita por William Roxburgh ex Hornem. e publicado en Supplementum Horti botanici hafniensis 7. 1819.[4]

Etimoloxía

Ficus: nome xenérico que se deriva do nome dado en latín ao figo.[5]

elastica: epíteto latino que significa "elástica".[6]

Sinonimia
  • Ficus clusiifolia Summerh.
  • Ficus cordata Kunth & C.D.Bouché
  • Ficus karet (Miq.) King
  • Ficus skytinodermis Summerh.
  • Ficus taeda Kunth & C.D.Bouché
  • Macrophthalma elastica (Roxb. ex Hornem.) Gasp.
  • Visiania elastica (Roxb. ex Hornem.) Gasp.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.theplantlist.org/tpl1.1/record/kew-2810307
  2. Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  3. Non confundir coa especie Hevea brasiliensis tamén denominada vulgarmente así.
  4. "Ficus elastica". 
  5. En Nombres Botánicos
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Ficus elastica en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Berendsohn, W. G., A. K. Gruber & J. A. Monterrosa Salomón. 2012. Nova Silva Cuscatlanica. Árbores nativas e introducidas do Salvador. Parte 2: Angiospermae – Familias M a P e Pteridophyta. Englera 29(2): 1–300.
  2. Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2013. Saururaceae a Zygophyllaceae. Fl. Mesoamer. 2(3): ined.
  3. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Xeral
  1. Brummitt, R. K. 2010. Report of the Nomenclature Committee for Vascular Plants: 61. Taxon 59 (4): 1271–1277.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]