Festival de teatro grecolatino de Lugo
| Festival de teatro grecolatino de Lugo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |

O Festival de teatro grecolatino de Lugo é un evento creado en 2001 pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos[1], co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do ensino medio.
Descrición
[editar | editar a fonte]Dende o comezo foi elixida como sede para este festival a cidade de Lugo, que ten, dende o 30 de setembro do 2000, a súa muralla recoñecida como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. O Concello de Lugo concede anualmente unha achega económica para a realización deste evento.
No ano 2003 as asociacións que organizan os festivais de Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunt, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla) uníronse para sumar esforzos e crearon unha federación que leva o nome de Prósopon[2] (máscara en grego), que, ademais de organizar os festivais, promove todo tipo de actividades encamiñadas á difusión e investigación do teatro clásico entre os máis novos.
Para que os alumnos poidan tirar o mellor proveito posible, Prósopon edita tamén unha colección cos textos das representacións, acompañados dunha unidade didáctica para traballar previamente nas aulas sobre o que logo se vai ver nos escenarios. Cada alumno e cada profesor reciben xunto coa entrada cadanseu libriño como instrumento de traballo e reflexión. Esta colección non se vende nin se pode adquirir por ningún outro medio.
Edicións
[editar | editar a fonte]Alumnos de Galicia, León e Asturias asistiron ás representacións no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
| Edición, data |
Alumnos que asisten |
Centros | Obra | Autor | Grupo |
|---|---|---|---|---|---|
| 2013 4-6 de marzo |
Agamenón | Esquilo | Grupo Phoenix, veteranos de Parrocha (A Coruña) | ||
| Tesmoforias | Aristófanes | Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) | |||
| Ifixenia en Áulide | Sófocles | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| Casina | Plauto | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| Aulularia | Plauto | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| Electra | Sófocles | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| 2012 12-14 de marzo |
4.400 | 89 | Troianas | Eurípides | Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) |
| Tesmoforias | Aristófanes | Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) | |||
| Electra | Sófocles | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| Aulularia | Plauto | Noite Bohemia (A Coruña) | |||
| Medea | Eurípides | Parrocha (A Coruña) | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Parrocha (A Coruña) | |||
| 2011 14-16 de marzo |
4.408 | 94 | Edipo Rey | Sófocles | SV Producciones Madrid |
| Cestita | Plauto | SV Producciones Madrid | |||
| Medea | Eurípides | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| Medea | Eurípides | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| 2010 8-10 de marzo |
4.560 | 95 | Electra | Sófocles | Párodos, IES Siberia Extremeña Talarrubias, Badaxoz |
| Cásina | Plauto | Párodos, IES Siberia Extremeña Talarrubias, Badaxoz | |||
| Asambleistas | Aristófanes | Párodos, IES Siberia Extremeña Talarrubias, Badaxoz | |||
| Troianas | Eurípides | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| Gemelos | Plauto | Parrocha, Herdeiros de Sardiña (A Coruña) | |||
| 2009 9-11 de marzo |
4.321 | 90 | As Bacantes | Eurípides | Hypnos, IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez Córdoba |
| Lisístrata | Aristófanes | Hypnos, IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez Córdoba | |||
| Antígona | Sófocles | Balbo, do IES Sto. Domingo El Puerto de Santa María, Cádiz | |||
| Mostellaria | Plauto | Balbo, do IES Sto. Domingo El Puerto de Santa María, Cádiz | |||
| Nubes | Aristófanes | Prósopon do IES Poeta Díaz Castro Guitiriz | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Prósopon do IES Poeta Díaz Castro Guitiriz | |||
| 2008 3-6 de marzo |
4.155 | 88 | Samia | Menandro | Selene do IES Carlos III Madrid |
| Helena | Eurípides | Selene do IES Carlos III Madrid | |||
| Aulularia | Plauto | IES Río Miño Rábade | |||
| Ifigenia en Áulide | Eurípides | Arela das Artes A Cañiza | |||
| Troianas | Eurípides | Colexio M. Peleteiro Santiago de Compostela | |||
| Nubes | Aristófanes | Prósopon do IES Poeta Díaz Castro Guitiriz | |||
| 2007 16-18 de abril |
4.531 | 81 | Fenicias | Eurípides | Arthistrion Villaviciosa de Odón (Madrid) |
| Cestita | Plauto | Arthistrion-Calatalifa Villaviciosa de Odón (Madrid) | |||
| Helena | Eurípides | Selene do IES Carlos III Madrid | |||
| Pluto | Aristófanes | Selene do IES Carlos III Madrid | |||
| Troianas | Eurípides | Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes (A Coruña) | |||
| Anfitrión | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes (A Coruña) | |||
| 2006 20-21 de abril |
3.234 | 60 | Troianas | Eurípides | Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes (A Coruña) |
| Anfitrión | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Paseo das Pontes (A Coruña) | |||
| Electra | Eurípides | Arthistrion-Calatalifa Villaviciosa de Odón (Madrid) | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Arthistrion-Calatalifa Villaviciosa de Odón (Madrid) | |||
| 2005 7-8 de abril |
3.054 | 55 | Antígona | Sófocles | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) |
| Casina | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| Edipo Rey | Sófocles | Arthistrion-Calatalifa Villaviciosa de Odón (Madrid) | |||
| Cistellaria | Plauto | Arthistrion-Calatalifa Villaviciosa de Odón (Madrid) | |||
| 2004 11-12 de marzo |
2.746 | 49 | Pluto | Aristófanes | Selene del IES Carlos III Madrid |
| Ión | Eurípides | Selene del IES Carlos III Madrid | |||
| Electra | Eurípides | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| Miles Gloriosus | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| 2003 3 de abril |
1.658 | 39 | Edipo en Colono | Sófocles | Helios Madrid |
| Antígona | Sófocles | IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| Asinaria | Plauto | IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| 2002 11-12 de marzo |
1.218 | Electra | Eurípides | Veteranos de Sardiña (A Coruña) | |
| Gemelos | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |||
| Caballeros | Aristófanes | Grupo Thyassos Madrid | |||
| 2001 |
635 | Casina | Plauto | Sardiña, IES Elviña e Sardiñeira (A Coruña) | |
| Andrómaca | Eurípides | Selene do IES Carlos III Madrid |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de teatro grecolatino de Lugo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proxecto DivesGallaecia2012
- Vídeo Ifixenia en Áulide - Edición 2013
- Vídeo de Cásina - Edición 2013
- Vídeo Festival 2011
- Fotografías das edicións de 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 (DivesGallaecia) e 2013 (IESMGB) en Flickr.