Saltar ao contido

Lisístrata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lisístrata (comedia)»)

Lisístrata
Imaxe
 Título
Λυσιστράτη Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Temática
 Ambientado en
 Personaxes
Publicación
 Edicións
(2005) Lysistrata (en) Traducir en lingua inglesa
(1928) Lysistrata (en) Traducir en lingua francesa traducido por Raoul Vèze (en) Traducir
(1912) Lysistrata en lingua inglesa The Athenian Society (en) Traducir
(1897) Lysistrata (en) Traducir en lingua francesa
(1889) Lysistrata (en) Traducir en lingua francesa
(1853) Lysistrata (en) Traducir en lingua inglesa traducido por William James Hickie (en) Traducir
(1545) La Lisistrata en lingua italiana
Lisistrata (en) Traducir en lingua serbia
Lysistrate (en) Traducir en lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
412 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Período
 Data de estrea
411 a. C. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
Identificadores
VIAF184049002 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/019zsb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IBDB: 5676 BNE: XX2025192 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Lisístrata no 2008

Lisístrata (en grego Λυσιστράτη) é unha comedia teatral escrita polo dramaturgo da Grecia clásica Aristófanes.

Ademais do seu valor literario, a obra ten un grande interese histórico, xa que grazas a elas pódese coñecer a vida cotiá dos atenienses. O autor protestou con frecuencia contra a guerra do Peloponeso. En Lisístrata, Os acarnienses e A paz defendeu as solucións pacíficas contra os demagogos que impulsaban ó pobo á guerra.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Lisístrata (cuxo nome significa "a que disolve os exércitos"), é a muller dun soldado ateniense, que cansa das continuas guerras entre Atenas, Esparta e outras polis gregas, reúne ás mulleres de ámbolos dous bandos e proponlles iniciar unha folga de tipo sexual. A idea non gusta en principio, pero logra convencer a tódalas mulleres da Polis para que non copulen cos seus esposos ata que se chegue a un acordo de paz. Ó final da obra, os homes, faltos de sexo, deciden deixar de loitar, firman a paz e poñen fin á folga de pernas cruzadas das súas mulleres.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Mulleres: Lisístrata; Cleónica (Kalonike); Mirrina; Lampitó; Coro de vellas; outras.
  • Coro de vellos.
  • Conselleiro.
  • Cinesias.
  • Neno de Cinesias.
  • Heraldo Espartano.
  • Prítanis.
  • Espartano.
  • Ateniense.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Lisístrata converteuse nun símbolo do esforzo organizado e pacífico en favor da paz. É por isto que se usou o nome para o Lysistrata project (Proxecto Lisístrata), un acto teatral levado a cabo o luns 3 de marzo de 2003 de maneira simultánea en máis de 42 países a favor da paz. Ese día miles de persoas participaron en aproximadamente 700 lecturas dramatizadas da obra, que se realizaron a beneficio de organizacións sen ánimo de lucro que traballan pola paz e que ofrecen axuda humanitaria.

Foi adaptada a cómic en 1987 por Ralf König baixo o título de Lysistrata, e levada ó cine en 2002 por Francesc Bellmunt baixo o título de Lisístrata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]