Electra (Sófocles)
| Electra | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Forma artística
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Lingua
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Autor/a
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Personaxes
| |||||||||||
|
Obra derivada
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Edicións
(2014) Electra (en)
(2001) Electra (en) (1984) Electra (en) (1959) Electra (en) (1921) Electra (en) (1921) Elektra (en) (1920) Electra (en) (1919) Electra (en) (1917) Electra (en) (1916) Elektra (en) (1912) Electra (en) (1906) Electra (en) (1884) Elektra (en) (1878) Electra (en) (1877) Élektra (en) Sophoclis fabulae: Aiax - Electra (en) | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

Áiax e Electra.
Electra é unha traxedia grega de Sófocles, de data incerta pero moi probablemente representada entre o 418 e o 410 a.C.. Discútese se seguía ou precedía á Electra de Eurípides, de se cadra o 417.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Un pedagogo
- Orestes
- Electra
- Coro de doncelas arxivas
- Crisótemis
- Clitemnestra
- Existo
Trama
[editar | editar a fonte]Orestes chega a Micenas, acompañado por Pílades e un ancián, servente de Orestes na súa nenez (paidagogos), para vingarse do asasino do seu pai Agamenón, obedecendo o oráculo délfico. Envían ao ancián a contar á nai de Orestes, Clitemestra, que Orestes morreu nunha carreira de carros, e eles prepáranse para continuar o engano, levando supostamente unha urna que leva as súas cinzas. Entre tanto, Clitemestra, que tivo un soño de mal agoiro, envía á súa filla Crisótemis a verter libacións sobre a tumba de Agamenón, o esposo que ela asasinara. Aparece Clitemestra e insulta a Electra, que lle contesta secamente, pero vense interrompidas pola chegada do ancián, que relata, con alegría apenas disimulada, a forma da morte de Orestes. Electra cae en profundo abatemento. O anuncio de Crisótemis de que atopou na tumba de Agamenón un mechón de pelo que é claramente de Orestes parécelle só un xeito de burlarse da súa pena. Decide, agora que a esperada axuda de Orestes está definitivamente descartada, matar a Clitemestra e a Existo ela mesma. Crisótemis, máis prudente, rexeita participar no asasinato. Orestes e Pílades achéganse. Orestes insinúa a Electra quen é. El e Pílades entran no palacio, e óese o choro de Clitemestra cando a matan. Existo achégase. A punta de espada obrígano a ir á habitación onde Agamenón foi asasinado e alí danlle morte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Electra en Sofocles.org
- Libro Electra de SofoclesArquivado 19 de setembro de 2017 en Wayback Machine.