Fernando Primo de Rivera
Fernando Primo de Rivera y Sobremonte, nado en Sevilla o 24 de xullo de 1831 e finado en Madrid o 23 de maio de 1921,[1][2] primeiro marqués de Estella e primeiro conde de San Fernando da Unión, foi un militar e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fernando foi fillo do destacado mariño José Primo de Rivera e tío do ditador Miguel Primo de Rivera.[3]
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Combateu durante a Terceira Guerra Carlista e trala toma de Lizarra, Afonso XII concedeulle o título de Marqués de Estella.[3] Entre 1880 e 1883 foi Capitán Xeneral de Filipinas.[2] En 1897 foi nomeado de novo capitán xeneral nas illas, en substitución de Camilo García de Polavieja,[2] onde conseguiu empuxar ás montañas ás tropas de Emilio Aguinaldo con quen asinou en 1897 o Pacto de Biak-na-Bato polo que o insurxente filipino comprometíase a exiliarse en Hong Kong.[4][2] En 1898, durante a súa estancia en Filipinas, outorgóuselle a Cruz Laureada de San Fernando.[4] En abril de 1898 sería relevado no cargo e substituído por Basilio Augustín e Dávila.[2]
Foi ministro da Guerra de forma interina en 1874 e 1875, nos inicios da Restauración;[5][6] anos despois ocupou de forma oficial a carteira durante os gobernos conservadores de Antonio Maura en 1907 e de Eduardo Dato en 1917.[3][5]
Morte
[editar | editar a fonte]Morreu sobre as 2:30 AM do 23 de maio de 1921, no seu domicilio da rúa de Serrano 25, en Madrid.[7] O enterro tivo lugar ao día seguinte na Sacramental de San Isidro e a el acudiron personalidades como Antonio Maura, o Conde de Romanones, Valeriano Weyler, Joaquín Milans del Bosch, José Bascarán y Federic, o seu sobriño Miguel Primo de Rivera, Diego Arias de Miranda ou Manuel de Burgos e Mazo.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miranda García & Cuenca Toribio 1992, p. 91.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Tucker 2009, p. 510.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Andrés-Gallego 1981, p. 279.
- ↑ 4,0 4,1 Rodríguez Puértolas 1999, p. 25.
- ↑ 5,0 5,1 de Urquijo y Goitia 2008, p. 310.
- ↑ Francisco Ángel Cañete Páez: Escalafón dos ministros da guerra Arquivado 04/03/2016, en Wayback Machine.
- ↑ "Figuras españolas: ha muerto el capitán general don Fernando Primo de Rivera". La Acción (1.738): 2. 23 de maio de 1921. ISSN 2171-5181.
- ↑ "Figuras españolas: entierro del general Primo de Rivera". La Acción (1.739): 2. 24 de maio de 1921. ISSN 2171-5181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Primo de Rivera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrés-Gallego, José (1981). Historia General de España y América: Revolución y Restauración: (1868-1931). XVI-2. Rialp. p. 632. ISBN 9788432121142. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2015.
- Miranda García, Soledad; Cuenca Toribio, José Manuel (1992). "Sociología de los ministros de la Restauración (1902-1931)". Revista de estudios políticos (75): 87–130. ISSN 0048-7694.
- Rodríguez Puértolas, Julio (1999). El Desastre en sus textos. Akal. p. 491. ISBN 9788446010470.
- Tucker, Spencer (2009). The Encyclopedia of the Spanish-American and Philippine-American Wars: A Political, Social, and Military History 1. ABC-CLIO. ISBN 9781851099511.
- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea. CSIC. ISBN 9788400087371.
Predecesor: Joaquín Jovellar y Soler |
Ministro da Guerra 31 de decembro de 1874 – 10 de setembro de 1875 |
Sucesor: Joaquín Jovellar y Soler |
Predecesor: Rafael Rodríguez Arias |
Gobernador de Filipinas 15 de abril de 1880 – 10 de marzo de 1883 |
Sucesor: Emilio Molíns |
Predecesor: José de Lachambre |
Gobernador de Filipinas 23 de abril de 1897 – 11 de abril de 1898 |
Sucesor: Basilio Augustín y Dávila |
Predecesor: Antonio Maura y Montaner |
Ministro da Guerra 3 de xullo de 1907 – 1 de marzo de 1909 |
Sucesor: Arsenio Linares Pombo |
Predecesor: Francisco Aguilera y Egea |
Ministro da Guerra 11 de xuño de 1917– 18 de outubro de 1917 |
Sucesor: José Marina Vega |