Fernando Pérez Fontán
Fernando Pérez Fontán | |
---|---|
Nacemento | 1879 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 13 de outubro de 1918 |
Lugar de falecemento | Burgos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xuíz e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando Pérez Fontán, nado na Coruña en 1879 e finado en Burgos o 13 de outubro de 1918, foi un xuíz e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Exerceu como avogado na Coruña e obtivo praza nas oposicións para empregados administrativos da Compañía Arrendataria de Tabacos en 1903.[2] Foi vicesecretario da Audiencia de Alacant, secretario da Audiencia de Castelló de la Plana, Xuíz de primeira instancia en Murias de Paredes e Vilafranca do Bierzo. Xuíz de primeira instancia de Becerreá (1911),[3] e A Cañiza (1911)[4]. En 1914 foi nomeado xuíz de primeira instancia de Mondoñedo. Nese outono foi enviado como xuíz especial a Viveiro para atender delitos electorais derivados das eleccións a deputado en Cortes de xullo, polos que chega a procesar a case cen persoas, entre elas José Santiago Seijo. En xullo de 1916 procesou a César González-Seco Romero, deputado provincial e director do periódico Mondoñedo por uns artigos presuntamente inxuriosos. En agosto de 1918 foi nomeado xuíz de primeira instancia de Burgos.[5] Finou en Burgos en outubro dese ano pola pandemia de gripe.[6][7] Colaborou no periódico El Foro Español.
Obras[editar | editar a fonte]
- Breves indicaciones sobre el estado actual de la legislación y de la administración de justicia en España y sobre las más necesarias reformas que dicho estado demanda. Madrid, Hijos de Reus, 1912.
- Manual de los funcionarios judiciales. Notas indispensables para los Juzgados de primera instancia e instrucción y los municipales, y de gran utilidad para las Audiencias Territoriales y Provinciales, Abogados, Notarios, Registradores de la Propiedad, Procuradores, Empleados del Cuerpo de Prisiones etc. etc.. Ourense, Imprenta La Polar, 1912.
- Intereses gallegos. Estado actual legal y de hecho del problema de los foros, antagonismo de ambos estados.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Avelina Díez de Ure, que tamén finou de gripe aos poucos días da morte do seu home.[8]