César González-Seco Romero
César González-Seco Romero | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1877 |
Lugar de nacemento | Mondoñedo |
Falecemento | 19 de febreiro de 1921 |
Lugar de falecemento | Mondoñedo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, xornalista e político |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
César González-Seco Romero, nado en Mondoñedo o 20 de decembro de 1877 e finado na mesma vila o 19 de febreiro de 1921,[1] foi un avogado, impresor, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Nazario González-Seco Villar. Licenciouse en dereito na Universidade Literaria de Valladolid en 1898. Propietario dunha imprenta en Mondoñedo na que se editaron o Boletín Oficial del Obispado, Heraldo de las Prisiones, Galicia Pintoresca, El Eco de Villalba, El Agricultor de Riotorto, El Eco de Puentedeume, El Regenerador de Ferreira do Valadouro e Brisas del Oro. Fundou e dirixiu De Todo un Poco e Mondoñedo. Foi fiscal municipal e en 1915 foi elixido deputado provincial. Reorganizou o Orfeón Pacheco, organizou seccións de declamación e participou en festas populares. Foi organizador da Banda municipal á que achegou donativos. Foi Presidente da Sociedad de Obreros Católicos, reformando o seu regulamento e emprendendo obras de embelecemento. En 1911 montou unha fábrica de chocolates finos, chamada “La Mindoniense”
Casou con Josefa Seoane Hermida en 1905. Unha filla común Elvira González-Seco Seoane casou con Álvaro Cunqueiro e outra Maruxa González-Seco Seoane con Enrique Cabanela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 25-2-1921, p. 2