Glosopeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Febre aftosa")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Esta enfermidade tamén se coñece como febre aftosa pero é diferente da febre aftosa que afecta sobre todo ós meniños.
Lesións da glosopeda na boca dunha vaca
Lesións nas patas dun porco

A glosopeda ou febre aftosa é unha enfermidade vírica altamente contaxiosa, que afecta o gando doméstico, especialmente bóvidos, óvidos e porcos, e algúns animais salvaxes como elefantes e mesmo os ratos. Outras especies, como o cabalo, can, gato ou as aves non sofren síntomas pero poden actuar como reservorios e vectores.

Tamén o home pode resultar contaxiado polo virus, por contacto con animais enfermos ou consumo de carne ou leite procedente de animais enfermos, pero non é habitual e, cando contrae a enfermidade, cursa cun cadro clínico leve.

O virus da febre aftosa foi o primeiro en ser descuberto, en 1897. A última grande epidemia de glosopeda ocurriu no Reino Unido no ano 2001, as autoridades víronse obrigadas a sacrificar entre 6,5 e 10 millóns de cabezas de gando vacún, ovino, caprino e porcino [1].

Patoxenia[editar | editar a fonte]

No gando susceptible trátase dunha enfermidade aguda, febril, que se manifesta pola aparición de vesículas ou aftas nas mucosas da boca, suco interdixital do pezuño e zonas cutáneas non recubertas de pelo. Nos animais adultos non reviste gravidade pero nos becerros pode resultar mortal, ó complicarse cunha miocardite secundaria.

Recibe tamén as denominacións populares de gripo ou mal da boca e dos pezuños.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]