Faro de cabo Silleiro
Aparencia
Coordenadas: 42°6′15.8″N 08°53′47.2″O / 42.104389, -8.896444
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Faro_de_Cabo_Silleiro_%289089985454%29.jpg/275px-Faro_de_Cabo_Silleiro_%289089985454%29.jpg)
O faro de cabo Silleiro atópase no cabo do mesmo nome, na parroquia de Baredo, concello de Baiona.[1]
Historia e características
O faro vello inaugurouse no ano 1866 pegado ó mar. E en 1924, o novo a 85 metros sobre o nivel do mar e a uns 250 do mar.
O seu primeiro combustible foi unha lámpada de mecha que empregaba aceite vexetal. En 1909 foi substituído por unha lámpada de petróleo. Máis tarde instalóuselle unha sirena, unhas lentes de 25 quilómetros e e un emisor eléctrico con alcance de 200 millas. Dende 1960 ten unha lámpada de 3.000 watios que se poden ver a 40 millas.
Na Casa da Navegación de Baiona hai expostas antigas lámpadas do faro.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Faro_Silleiro._Galiza_S9.jpg/200px-Faro_Silleiro._Galiza_S9.jpg)
Notas
- ↑ Faro Silleiro en Turgalicia.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faro de cabo Silleiro |
Bibliografía
- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- West Coast of Europe and Northwest Africa p. 104. National Geospatial-Intelligence Agency, 2008.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Faro Silleiro na páxina web do Concello de Baiona.