Factor de crecemento de fibroblastos básico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "FGF2")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
FGF2
Protein FGF2 PDB 1bas.png
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Símbolo3676
LocusCr. 4 q28.1
Padrón de expresión de ARNm
PBB GE FGF2 204421 s at fs.png
PBB GE FGF2 204422 s at fs.png
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
2247 14173
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P09038 P15655
RefSeq
(ARNm)
NM_002006 NM_008006
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001997 NP_032032
Localización (UCSC)
Cr. 4:
122.83 – 122.9 Mb
Cr. 3:
37.35 – 37.41 Mb
PubMed (Busca)
2247


14173

O factor de crecemento de fibroblastos básico (bFGF), tamén chamado FGF2 ou FGF-β, é un factor de crecemento e proteína de sinalización codificada polo xene FGF2 do cromosoma 4 humano.[1][2] Sintetízase inicialmente como un polipéptido de 155 aminoácidos, que orixina unha proteína de 18 kDa. Porén, hai catro codóns de inicio alternativos que orixinan extensións N-terminais de 41, 46, 55 ou 133 aminoácidos, orixinando proteínas, respectivamente, de 22 kDa (196 aminoácidos en total), 22,5 kDa (201 aminoácidos en total), 24 kDa (210 aminoácidos en total) e 34 kDa (288 aminoácidos en total).[3] Xeralmente, a forma de 155 aminoácidos/18 kDa de baixo peso molecular (LMW) considérase citoplásmica e pode ser segregada da célula, mentres que as formas de alto peso molecular (HMW) son dirixidas ao núcleo celular.[4]

A proteína factor de crecemento de fibroblastos foi purificada primeiramente en 1975, pero pouco despois illáronse outras similares utilizando diferentes condicións, como o FGF básico, o factor de crecemento que se une á heparina 2 e o factor de crecemento de célula endotelial 2. A secuenciación xénica revelou que FGF2 era un membro da familia de FGF de proteínas.[3][5] O FGF2 únese e exerce efectos por medio de proteínas específicas receptor do factor de crecemento de fibroblastos (FGFR) que constitúen unha familia de moléculas estreitamente relacionadas.

Función[editar | editar a fonte]

Como outros membros da familia FGF, o factor de crecemento de fibroblastos básico posúe amplas actividades mitoxénicas e de supervivencia celular e está implicado en diversos procesos biolóxicos, como o desenvolvemento embrionario, crecemento celular, morfoxénese, reparación de tecidos, crecemento e invasión tumoral.

No tecido normal, o bFGF está presente nas membranas basais e na matriz extracelular subendotelial dos vasos sanguíneos. Permanece unido á membrana plasmática se non hai péptido sinal.

Hipotetizouse que, durante a curación de feridas en tecido normal e o desenvolvemento de tumores, a acción dos encimas que degradan o heparán sulfato activan o bFGF, mediando así a formación de novos vasos sanguíneos, un proceso coñecido como anxioxénese.

Ademais, é sintetizado e segregado polos adipocitos humanos e a concentración de FGF2 correlaciónase co IMC en mostras sanguíneas. Tamén actúa sobre os preosteoblastos, incrementando a proliferación celular, despois de unirse ao receptor do factor de crecemento de fibroblastos 1 e activando a fosfoinosítido 3-quinase.[6]

O FGF2 demostrou en estudos preliminares en animais protexer o corazón de danos asociados cos ataques ao corazón, reducindo a morte tisular e promovendo unha mellora da función despois da reperfusión.[7]

Evidencias recentes indican que baixos niveis de FGF2 xogan un papel clave na incidencia da ansiedade excesiva.[8]

Adicionalmente, o FGF2 é un compoñente crítico do medio de cultivo de células nais embrionarias humanas; o factor de crecemento é necesario para que as células permanezan nun estado indiferenciado, aínda que os mecanismos polos cales o fan non están ben definidos. Demostrouse que induce a expresión de gremlina, a cal á súa vez inhibe a indución da diferenciación por proteínas morfoxenéticas óseas.[9] É necesario nos sistemas de cultivo dependentes de células nutricias de rato (fibrobalstos embrionarios de rato que se engaden ao cultivo), así como en sistemas de cultivo libres de soro e células nutricias.[10] O FGF2, xunto coa BMP4, promove a diferenciación de células nai orixinando liñaxes celulares mesodérmicas. Despois da diferenciación, as células tratadas con BMP4 e FGF2 xeralmente producen unha maior diferenciación osteoxénica e condroxénica que as células nais non tratadas.[11] Porén, unha baixa concentración de bFGF (10 ng/mL) pode exercer un efecto inhibitorio sobre a diferenciación dos osteoblastos.[12]

Interaccións[editar | editar a fonte]

O factor de crecemento de fibroblastos presenta interaccións coa caseína quinase 2, alfa 1,[13] a RPL6[14] e a proteína ribosómica S19.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dionne CA, Crumley G, Bellot F, Kaplow JM, Searfoss G, Ruta M, Burgess WH, Jaye M, Schlessinger J (September 1990). "Cloning and expression of two distinct high-affinity receptors cross-reacting with acidic and basic fibroblast growth factors". The EMBO Journal 9 (9): 2685–92. PMC 551973. PMID 1697263. 
  2. Kim HS (1998). "Assignment1 of the human basic fibroblast growth factor gene FGF2 to chromosome 4 band q26 by radiation hybrid mapping". Cytogenetics and Cell Genetics 83 (1-2): 73. PMID 9925931. doi:10.1159/000015129. 
  3. 3,0 3,1 Florkiewicz RZ, Shibata F, Barankiewicz T, Baird A, Gonzalez AM, Florkiewicz E, Shah N (December 1991). "Basic fibroblast growth factor gene expression". Annals of the New York Academy of Sciences 638 (1): 109–26. PMID 1785797. doi:10.1111/j.1749-6632.1991.tb49022.x. 
  4. Coleman SJ, Bruce C, Chioni AM, Kocher HM, Grose RP (August 2014). "The ins and outs of fibroblast growth factor receptor signalling". Clinical Science 127 (4): 217–31. PMID 24780002. doi:10.1042/CS20140100. 
  5. Burgess WH, Maciag T (1989). "The heparin-binding (fibroblast) growth factor family of proteins". Annual Review of Biochemistry 58: 575–606. PMID 2549857. doi:10.1146/annurev.bi.58.070189.003043. 
  6. Kühn MC, Willenberg HS, Schott M, Papewalis C, Stumpf U, Flohé S, Scherbaum WA, Schinner S (February 2012). "Adipocyte-secreted factors increase osteoblast proliferation and the OPG/RANKL ratio to influence osteoclast formation". Molecular and Cellular Endocrinology 349 (2): 180–8. PMID 22040599. doi:10.1016/j.mce.2011.10.018. 
  7. House SL, Bolte C, Zhou M, Doetschman T, Klevitsky R, Newman G, Schultz Jel J (December 2003). "Cardiac-specific overexpression of fibroblast growth factor-2 protects against myocardial dysfunction and infarction in a murine model of low-flow ischemia". Circulation 108 (25): 3140–8. PMID 14656920. doi:10.1161/01.CIR.0000105723.91637.1C. 
  8. Perez JA, Clinton SM, Turner CA, Watson SJ, Akil H (May 2009). "A new role for FGF2 as an endogenous inhibitor of anxiety". The Journal of Neuroscience 29 (19): 6379–87. PMC 2748795. PMID 19439615. doi:10.1523/JNEUROSCI.4829-08.2009. 
  9. Pereira RC, Economides AN, Canalis E (December 2000). "Bone morphogenetic proteins induce gremlin, a protein that limits their activity in osteoblasts". Endocrinology 141 (12): 4558–63. PMID 11108268. doi:10.1210/en.141.12.4558. 
  10. Liu Y, Song Z, Zhao Y, Qin H, Cai J, Zhang H, Yu T, Jiang S, Wang G, Ding M, Deng H (July 2006). "A novel chemical-defined medium with bFGF and N2B27 supplements supports undifferentiated growth in human embryonic stem cells". Biochemical and Biophysical Research Communications 346 (1): 131–9. PMID 16753134. doi:10.1016/j.bbrc.2006.05.086. 
  11. Lee TJ, Jang J, Kang S, Jin M, Shin H, Kim DW, Kim BS (January 2013). "Enhancement of osteogenic and chondrogenic differentiation of human embryonic stem cells by mesodermal lineage induction with BMP-4 and FGF2 treatment". Biochemical and Biophysical Research Communications 430 (2): 793–7. PMID 23206696. doi:10.1016/j.bbrc.2012.11.067. 
  12. Del Angel-Mosqueda C, Gutiérrez-Puente Y, López-Lozano AP, Romero-Zavaleta RE, Mendiola-Jiménez A, Medina-De la Garza CE, Márquez-M M, De la Garza-Ramos MA (September 2015). "Epidermal growth factor enhances osteogenic differentiation of dental pulp stem cells in vitro". Head & Face Medicine 11: 29. PMID 26334535. doi:10.1186/s13005-015-0086-5. 
  13. Skjerpen CS, Nilsen T, Wesche J, Olsnes S (August 2002). "Binding of FGF-1 variants to protein kinase CK2 correlates with mitogenicity". The EMBO Journal 21 (15): 4058–69. PMC 126148. PMID 12145206. doi:10.1093/emboj/cdf402. 
  14. Shen B, Arese M, Gualandris A, Rifkin DB (November 1998). "Intracellular association of FGF-2 with the ribosomal protein L6/TAXREB107". Biochemical and Biophysical Research Communications 252 (2): 524–8. PMID 9826564. doi:10.1006/bbrc.1998.9677. 
  15. Soulet F, Al Saati T, Roga S, Amalric F, Bouche G (November 2001). "Fibroblast growth factor-2 interacts with free ribosomal protein S19". Biochemical and Biophysical Research Communications 289 (2): 591–6. PMID 11716516. doi:10.1006/bbrc.2001.5960. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]