Fosfoinosítido 3-quinase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fosfoinosítido 3-quinase
PI3kinase.png
inibidor PIK-93 (amarelo) unido á subunidade gamma 110 da PI3 quinase.[1]
Identificadores
Símbolo PI3K
Pfam PF00454
InterPro IPR000403
SMART SM00146
PROSITE PDOC00710
SCOP 3gmm
SUPERFAMILY 3gmm
OPM superfamily 302
OPM protein 3ml9
Fosfoinosítido 3-quinase
Identificadores
Número EC 2.7.1.137
Número CAS 115926-52-8
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBsum
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Molécula de fosfatidilinositol.

fosfoinosítido 3-quinase (tamén chamado PI 3-quinases ou PI3K ou P110δ), son unha familia de enzimas quen de fosforilar o grupo hidroxilo da posición 3' do anel inositol das moléculas chamadas en conxunto fosfatidilinositol -enzima que en humanos está codificada polo xene PIK3CD-.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia de enzimas fosfoinosítido 3-quinase está dividida en tres clases numeradas con números romanos, con funcións específicas en cada clase.

Clase I[editar | editar a fonte]

As PI3K Clase I son moléculas heterodiméricas presentes en humanos, compostas por unha subunidade regulatoria e outra catalítica. Subdivídense en subgrupos IA e IB. Esta división baséase nas semellanzas da súa secuencia. O nome recomendado para esta clase de enzimas é fosfatidilinositol-4,5-bisfosfato 3-kinasa, teñen o número EC 2.7.1.153 e catalizan a reacción:

Molécula de fosfatidilinositol-4,5-bisfosfato.

As do subgrupo IA teñen unha de cinco posibles subunidades regulatorias chamadas p85α, p55α, p50α, p85β ou p55γ, a cal está unida a unha das subunidades catalíticas chamadas p110α (PIK3CA), β (PIK3CB), δ (PIK3CD) ou γ (PIK3CG) (reciben a numeración polo seu peso molecular duns 110 kDa). As primeiras tres subunidades regulatorias son isoformas do mesmo xene PIK3R1, mentres que as outras dúas subunidades regulatorias son expresadas por outros xenes (PIK3R2 e PIK3R3). En tanto que as subunidades p100α e exprésanse en todas as células, a subunidade catalítica p110δ exprésase en leucocitos e suxeriuse que puido evolucionar en paralelo co sistema inmune innato.

No caso do sub-grupo IB as PI3K están compostas por unha sub-unidade regulatoria p101 (PIK3R5) e unha subunidade catalítica p110γ, codificadas por só un xene cada unha. A maioría das investigacións das PI 3-quinases enfocáronse na clase I.

Estrutura da p85α bovina.

Clase II[editar | editar a fonte]

As PI 3-quinases Clase II e III difiren das da Clase I en estrutura e función. As quinases da Clase II teñen tres isozimas catalíticas (C2α PIK3C2A, C2β PIK3C2B, e C2γ PIK3C2G). O nome recomendado para esta clase de enzimas é fosfatidilinositol-4-fosfato 3-kinasa, teñen o número EC 2.7.1.154 e catalizan a reacción:

A diferenza das Clases I e III, non teñen subunidades proteicas regulatorias. Estas enzimas catalizan a produción de PI(3)P a partir de fosfoinositol, poden tamén sintetizar PI(3,4)P2 de PI(4)P. Porén, non se coñece se teñen algunha función no sistema inmune. As isoformas C2α e C2β exprésanse en varias células do corpo, mentres que a C2γ está limitada á súa expresión ós hepatocitos. A característica distintiva da PI3K Clase II é o dominio chamado C2 no extremo C-terminal. Este é un dominio que carece do aminoácido estrutural crítico Asp que coordina a unión de Ca2+, suxerindo que a Clase II únese a lípidos de maneira independente do Ca2+.

Clase III[editar | editar a fonte]

As PI3-K Clase III son moi semellantes á Clase II en que favorecen a produción de PI(3)P de fosfoinositol, pero son máis similares á estrutura da Clase I. O nome recomendado para esta clase de encimas é fosfatidilinositol 3-kinasa, teñen o número EC 2.7.1.137 e catalizan a reacción:

son heterodímeros dunha subunidade catalítica (PIK3C3) e unha regulatoria p150 (PIK3R4). A Clase III parece estar principalmente involucrada no tráfico de proteínas e vesículas. Hai evidencias de que son quen de contribuír á efectividade de varios procesos de importancia en células inmunes, como a fagocitose.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PDB 2chz; Knight ZA, Gonzalez B, Feldman ME, Zunder ER, Goldenberg DD, Williams O, Loewith R, Stokoe D, Balla A, Toth B, Balla T, Weiss WA, Williams RL, Shokat KM (2006). "A pharmacological map of the PI3-K family defines a role for p110alpha in insulin signaling". Cell 125 (4): 733–47. PMC 2946820. PMID 16647110. doi:10.1016/j.cell.2006.03.035. 
  2. Stein RC (2001) Prospects for phosphoinositide 3-kinase inhibition as a cancer treatment Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés). Endocr Relat Cancer 8:237-248. Último acceso 22 de marzo, 2008.