Minoría sexual
Minoría sexual refírese ao grupo social cuxa identidade de xénero, orientación sexual ou prácticas sexuais consentidas difiren dos da maioría da sociedade na que viven.[1] É un termo que se emprega en socioloxía para referirse ao conxunto da diversidade sexual e de xénero, incluído habitualmente baixo as siglas LGTBI.
É un concepto análogo ao de minoría étnica.[2][3] As minorías sexuais tamén poden manifestar comportamentos e prácticas que en conxunto conforman unha subcultura. En certos lugares e momentos históricos, as minorías sexuais han chegado mesmo a desenvolver unha linguaxe propia co que identificarse sen ser recoñecidos polo resto da sociedade.[4][5][6]
En moitos lugares as minorías sexuais enfróntanse ao rexeitamento social e a riscos de saúde asociados que van máis aló das súas prácticas sexuais, como maiores taxas de depresión ou de suicidio.[7][8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) Definition of Terms - Sexual minority. Arquivado 25 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Gender Equity Resource Center.
- ↑ Ullerstam, Lars (1967). The Erotic Minorities: A Swedish View (en inglés). Calder and Boyars.
- ↑ (en inglés) Queering the language of ‘sexual minorities’ in Canada. Arquivado 12 de xuño de 2015 en Wayback Machine. Canadian Federation for the Humanities and Social Sciences. 6 de octubre de 2011.
- ↑ (en inglés) The lexis of polish sexual minorities slang. Philology. 2016.
- ↑ (en inglés) The secret language of polari. Merseyside Maritime Museum.
- ↑ (en inglés) Gay Language and Indonesia: Registering Belonging. Journal of Linguistic Anthropology. Diciembre, 2004.
- ↑ La opresión de minorías sexuales desde la inequidad de género. Política y cultura. 2004.
- ↑ Vélez-Pelligrini, Laurentino; Guasch, Óscar (2008). Minorías sexuales y sociología de la diferencia: gays, lesbianas y transexuales ante el debate identitario. Montesinos. ISBN 978-84-96831-76-6.
- ↑ Sullivan, Michael K. (2013). Sexual Minorities: Discrimination, Challenges and Development in America (en inglés). Routledge. ISBN 0-7890-0230-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |