Expedición Endurance
Expedición Endurance | |
---|---|
![]() O Endurance con todo o velame despregado (ca. 1915). | |
Tipo | expedición científica e expedición polar ![]() |
Data | |
Comezo | 8 de agosto de 1914 ![]() |
Remate | xaneiro de 1917 ![]() |
Implicados | |
Participante | Frank Wild, Frank Hurley, Frank Worsley, Thomas Crean, James Wordie, Thomas Orde-Lees, Harry McNish, Perce Blackborow, Lionel Greenstreet, Alfred Cheetham, James McIlroy, Alexander Macklin, Robert Clark, Leonard Hussey, Huberht Taylor Hudson, Walter How e Mrs. Chippy ![]() |
Acontecementos | |
9 de marzo de 2022 ▶ descuberta do naufraxio 21 de novembro de 1915 ▶ naufraxio 8 de agosto de 1914 ▶ inicio ![]() | |
Localización | |
Localización | Antártida ![]() |
Lugar de saída | Plymouth e Londres ![]() |
Lugar de chegada | Polo Sur ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
A expedición imperial transantártica (1914-1917), máis coñecida como expedición Endurance, foi a última expedición importante da idade heroica da exploración da Antártida. Deseñada por Sir Ernest Shackleton, aspiraba a ser a primeira en atravesar por terra o continente antártico. Despois de que en 1911 a expedición Amundsen chegase ó Polo Sur, Shackleton dixo que a travesía do continente era o "único grande obxectivo principal das viaxes antárticas".[1] A expedición non conseguiu cumprir este propósito, pero é lembrada como unha historia épica de heroísmo e supervivencia.
Shackleton estivera no Antártico entre 1901 e 1904 formando parte da expedición Discovery do Capitán Scott, e liderara a expedición Nimrod entre 1907 e 1909. A nova expedición requiría, dunha banda, unha tripulación principal que navegaría polo mar de Weddell e que desembarcaría na costa aproximadamente na latitude 78°S, preto da baía de Vahsel, como preparación para unha marcha transcontinental en dirección ó mar de Ross, atravesando o Polo Sur. Paralelamente, un grupo de apoio, o equipo do mar de Ross, viaxaría até o lado oposto do continente, estabelecería un campamento no estreito McMurdo, e dende alí prepararía unha serie de depósitos de subministración ó longo da barreira de xeo de Ross, ó pé do glaciar Beardmore. Estes depósitos serían esenciais para a supervivencia do equipo transcontinental, xa que non levarían provisións de abondo para toda a travesía. A expedición dispoñía de dous barcos: o Endurance, que levaría o equipo de Shackleton polo mar de Weddell, e o Aurora, ás ordes do capitán Aeneas Mackintosh, que levaría o equipo do mar de Ross até o estreito McMurdo.
O Endurance quedou atrapado no xeo do mar de Weddell antes de chegar á baía de Vahsel, e malia os esforzos por ceibar o barco, foron á deriva cara ó norte nun bloque de xeo durante o inverno antártico de 1915. Finalmente, o bloque desfíxose e afundiu o barco, deixando sobre o xeo os 28 homes da tripulación, que se viron sometidos a unha serie de duras probas: meses de espera en campamentos improvisados sobre o xeo, unha viaxe en botes salvavides até a illa Elefante, unha segunda travesía de 1 300 km nun bote aberto, o James Caird, e atravesar as montañas de Xeorxia do Sur, para, finalmente, ser rescatados sen unha soa baixa. Namentres, o equipo do mar de Ross tivo que superar grandes dificultades para cumprir a súa misión, despois de que o Aurora fose arrincado das súas amarras durante un vendaval e non puidesen retornar. Os depósitos instaláronse como estaba previsto, pero a operación custou tres vidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shackleton 1983, prologo de South
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Expedición Endurance ![]() |