Saltar ao contido

Planeta extrasolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Exoplaneta»)
Descubrimentos de planetas extrasolares por ano.
Planeta Fomalhaut b (inserido na nube de po interplanetaria de Fomalhaut) imaxe tomada polo Telescopio Hubble (fotografía da NASA).

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. A 25 de febreiro do 2009 listábanse 342 exoplanetas na Enciclopedia de Planetas Extrasolares[1]. A maior parte deles detectados a traves da observación das velocidades radiais e doutros métodos indirectos[1]. A maior parte destes decubrimentos son de xigantes gasosos, do tipo Xupiter, pero isto sobre todo é debido ás limitacións tecnolóxicas. Proxeccións recentes baseadas en traballos de detección para corpos máis liviáns, dan como resultados que se poderían atopar moitísimos planetas do tipo "terrestre" (planetas de tipo rochoso), un número moito maior co número de planetas do tipo Xúpiter[2].

Aínda que a existencia dos planetas extrasolares foi suposta hai tempo, non foi descuberto ningún planeta orbitando estrelas ata os 90. Non obstante, dende o comezo da década actual, unhas dúas ducias son descubertos cada ano, o que mantén viva a cuestión de se poderían albergar vida extraterrestre.

Primeiras especulacións

[editar | editar a fonte]

No século XVI o filósofo italiano Giordano Bruno, un dos primeiros en apoiar a teoría de Copérnico de que a Terra e outros planetas orbitan o Sol, expresou a opinión de que as estrelas fixas son semellantes ao Sol e polo tanto tamén están acompañadas de planetas. Foi queimado na fogueira pola Inquisición romana en 1600, aínda que os seus puntos de vista sobre a astronomía non foron as principais razóns para a súa condena[3].

No século XVIII a mesma posibilidade foi mencionada por Isaac Newton no ensaio "General Scholium" que conclue o seu Principia. Facendo unha comparación cos planetas do Sol, Newton escribiu "E se as estrelas fixas son os centros de sistemas semellantes, todos eles estarán construídos segundo un deseño semellante e suxeitos ao dominio de Un".

Afirmacións desacreditadas

[editar | editar a fonte]

Dende o século XIX fixéronse reclamacións de deteccións de exoplanetas. Algunhas das primeiras están relacionadas coa estrela binaria 70 Ophiuchi. En 1855 o capitán W. S. Jacob do observatorio de Madras, da East India Company, informou de anomalías orbitais facendo "altamente probable" que houbese un "corpo planetario" nese sistema. Na década de 1890s, Thomas J. J. See, da Universidade de Chicago e o Observatorio Naval dos Estados Unidos, afirmou que as anomalías orbitais proviñan da existencia dun corpo escuro no sistema 70 Ophiuchi cun período de 36 anos ao redor dunha das estrelas. Porén, Forest Ray Moulton publicou un artigo probando que un sistema de tres corpos con eses parámetros orbitais sería altamente inestable. Durante os anos 50 e 60 do século XX, Peter van de Kamp do Swarthmore College fixo outra serie de importantes afirmacións de detección, desta vez de planetas orbitando a estrela Barnard. Actualmente os astrónomos consideran todos os priemiros informes de detección como erróneos.

En 1991 Andrew Lyne, M. Bailes e S.L. Shemar afirmaron descubrir un planeta de pulsar en órbita ao redor de PSR 1829-10. Ao pouco tempo o descubrimento recibiu gran cantidade de atención, pero Lyne e o seu equipo retractáronse pouco despois.

Confirmación dos descubrimentos

[editar | editar a fonte]

A primeira publicación dun descubrimento que posteriormente tivo confirmación foi feita no ano 1988 polos astrónomos canadenses Bruce Campbell, G. A. H. Walker, e S. Yang.[4] Ás súas observacións da velocidade radial suxerían que a estrela Gamma Cephei orbitara un planeta. As súas propias precaucións a cerca do reclamo do descubrimento de plantas extrasolares, e o grande escepticismo que persistía na comunidade astronómica ó redor destas e outras observacións semellantes, deron como resultado que se tardase varios anos en confirma-lo descubrimento. Hai que ter en conta que este escepticismo era debido en boa parte polas limitacións tecnolóxicas dos instrumentos usados para as devanditas observacións naqueles anos, e tamén por que existía outra fonte de posible confusión, moitos destes planetas podían ser confundidos con ananas marróns, uns obxectos cunha masa intermedia entre os planeta tipo Xúpiter e ás estrelas de menor tamaño.

Ó seguinte ano, observacións adicionais deron soporte a que realmente existía un planeta orbitando Gamma Cephei,[5] pero traballos do ano 1992 puxeron na mesa fortes dúbidas ó respecto .[6] Finalmente, no 2003, técnicas máis avanzadas confirmaron a existencia do planeta.[7]

En 1992, os radio astrónomos Aleksander Wolszczan e Dale Frail anunciaron o descubrimento de planetas ó redor dun pulsar, PSR 1257+12.[8] Este descubrimento foi rapidamente confirmado, e xeralmente é considerado coma a primeira detección de planetas extrasolares confirmada. Pénsase que os planetas deste pulsar foron formados dos restos dunha supernova que aconteceu neste pulsar.

No 6 de outubro de 1995, Michel Mayor e Didier Queloz da Universidade de Xénova anunciaron a primeira detección dun exoplaneta orbitando unha estrela ordinaria na secuencia principal (51 Pegasi).[9] Este descubrimento foi feito no Observatorio de Haute-Provence e entrou de cheo na era dos descubrimentos exoplanetarios. Os avances tecnolóxicos, notabilisimamente na espectroscopia de alta resolución, levan a un elevado incremento na detección de novos exoplanetas. Estes avances axudan ós astrónomos a detectaren exoplanetas por métodos indirectos medindo a súa influencia gravitacional nas súas respectivas estrelas nai. Moitos exoplanetas son detectados observando a variación da luminosidade aparente da súa estrela nai ó pasa-lo exoplaneta por diante da súa estrela.

A comezos de 2021 téñense resistrado máis de 4400 exoplanetas,[1] incluíndo algúns controvertidos anuncios feitos nos anos 80 que foron posteriormente confirmados. O primeiro sistema con máis dun planeta orbitando unha estrela foi detectado ó redor da estrela υ And. Hoxe en día coñécense ó redor de máis de vinte destes sistemas múltiples. Ademais coñécense catro exoplanetas que orbitan dous púlsares diferentes. Observacións no infravermello de discos de po circumestelares, suxiren a existencia de millóns de cometas en moitos sistemas extrasolares.

En 2021 téñense xa descuberto diversas composicións, como sistemas con 6 exoplanetas, como o descuberto polas observacións de Cheops, TOI-178, a uns 200 a.l., na constelación do Escultor.[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 Schneider, Jean. "Interactive Extra-solar Planets Catalog". The Extrasolar Planets Encyclopedia. 
  2. Dr. Sara Seager (2008-05-28). "Rock planets outnumber gas giants". msn. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 2008-05-28. 
  3. Sheila Rabin, "Nicolaus Copernicus" na Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  4. Campbell, B.; Walker, G. A. H.; Yang, S. (1988). "A search for substellar companions to solar-type stars". Astrophysical Journal, Part 1 331: 902 – 921. doi:10.1086/166608. 
  5. Lawton, A. T.; Wright, P. (1989). "A planetary system for Gamma Cephei?". British Interplanetary Society, Journal 42: 335 – 336. 
  6. Walker, G. A. H.; Bohlender, D. A.; Walker, A. R.; Irwin, A. W.; Yang, S. L. S.; Larson, A. (1992). "Gamma Cephei - Rotation or planetary companion?". Astrophysical Journal, Part 2 - Letters 396 (2): L91 – L94. doi:10.1086/186524. 
  7. Hatzes; et al. (2003). "A Planetary Companion to Gamma Cephei A". The Astrophysical Journal 599 (2): 1383 – 1394. doi:10.1086/379281. 
  8. Wolszczan, A.; Frail, D. A. (1992). "A planetary system around the millisecond pulsar PSR1257+12". Nature 355: 145 – 147. doi:10.1038/355145a0. 
  9. Mayor, Michel; Queloz, Didier (1995). "A Jupiter-mass companion to a solar-type star". Nature 378: 355 – 359. doi:10.1038/378355a0. 
  10. "ESA’s exoplanet watcher Cheops reveals unique planetary system". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-01-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Clasificacións

[editar | editar a fonte]

Habitabilidade

[editar | editar a fonte]

Astrónomos

[editar | editar a fonte]
  • Geoffrey Marcy — co-descubridor con R. Paul Butler de máis exoplanetas que ningún outro
  • R. Paul Butler — co-descubridor con Geoffrey Marcy de máis exoplanetas que ningún outro
  • Debra Fischer — co-descubridor con Geoffrey Marcy e R. Paul Butler de máis exoplanetas que ningún outro
  • Aleksander Wolszczan — co-descubridor de PSR B1257+12B e C, o primeiro descubrimento de exoplanetas, con Dale Frail
  • Dale Frail — co-descubridor de PSR B1257+12B e C, o primeiro descubrimento de exoplanetas, con Aleksander Wolszczan
  • Michel Mayor — co-descubridor de 51 Pegasi b, o primeiro descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela semellante ó Sol, con Didier Queloz
  • Didier Queloz — co-descubridor de 51 Pegasi b, o primeiro descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela semellante ó Sol, con Michel Mayor
  • Stephane Udry — co-descubridor de Gliese 581c, o exoplaneta máis semellante a Terra

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Proxectos de busca
Recursos
Varios