Anana marrón
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Anana marrón | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
Unha anana marrón é un astro de composición similar á das estrelas que non alcanzou a masa suficiente para desencadea-lo proceso de fusión nuclear de hidróxeno ordinario a helio, pero si do deuterio e, no caso das de máis masa, do litio.
Poden considerarse astros intermedios entre os planetas xigantes gasosos (como Xúpiter) e as estrelas, xa que adoitan ter entre 13 e 80 veces a masa do xigante gasoso.
A pesaren do seu nome, estas estrelas poden variar a súa cor dependendo da súa temperatura, sendo as máis quentes vermellas e laranxas, e as máis frías dunha cor morada ou maxenta. Estas cores adoitan ser moi tenues, xa que a maioría da luz emitida por estes astros está no espectro de luz infravermella.

Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |