Evasión de La Libertaria
A evasión de La Libertaria foi a fuxida dun grupo de anarquistas galegos desde A Coruña rumbo a Xixón o 7 de xaneiro de 1937.
Historia
[editar | editar a fonte]Logo da caída da Coruña nas mans dos sublevados, moitos militantes anarquistas agocháronse nos arredores. José Moreno Torres intentou coordinar os grupos de militantes dispersos e, en colaboración cos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, organizou unha fuga. Asdrúbal Álvarez Galindo e Maximino Zás Martínez, coa participación de Manuel Montes Don e o seu fillo Carlos Montes Babío, mercaron a gasolineira Conchita e nela fuxiron xunto cunha vintena de cadros da Federación Local Obrera da CNT coruñesa e o militante comunista Eladio Freire García. O 4 de xaneiro de 1937 23 cadros da CNT coruñesa embarcaron na motora no embarcadoiro da Pasaxe. Durante o traxecto os fuxidos mudaron o nome da embarcación polo de La Libertaria. Tras botar máis de dous días de navegación e ficar á deriva por unha avaría, chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro. Unha boa parte deles integráronse no Batallón Galicia.
Os evadidos foron Asdrúbal Álvarez Galindo, Maximino Zás Martínez, José Moreno Torres, Adolfo Bregua Mouriño, Luis Chamorro Castro, Odilo Masid Masid, Eladio Freire García, Emilio Novás Naya, Julián Carballo Gómez, José Soriano Pardiñas, José Prego Veira, Moisés Erguido, Manuel Gantes Barreiro, Antonio Suárez, Joaquim Carlos Riveiro, Ángel Fernández Fernández e Abelardo González Morado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. p. 311. ISBN 978-84-9914-182-4.