Saltar ao contido

Asdrúbal Álvarez Galindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAsdrúbal Álvarez Galindo
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Carcaixent, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937evasión de La Libertaria Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5588

Asdrúbal Álvarez Galindo, nado en Carcaixent o 19 de febreiro de 1891, foi un empresario e sindicalista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Militante anarquista, xunto co seu irmán Aníbal formaron parte de organizacións terroristas que realizaron atentados contra a patronal e as autoridades en Barcelona no período 1919-1923.[1] Exportador de peixe do porto da Coruña durante a República. Foi alicerce do Sindicato de la Industria del Transportes. Membro da sociedade patronal de Exportadores de peixe da que foi elixido vicepresidente en 1929.[2]. Foi presidente do Ateneo Popular Coruñés e militou en Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. Xunto con Maximino Zás mercaron unha pequena embarcación de servizo de porto e organizaron a fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Embarcou en Santander rumbo a Francia o 25 de febreiro de 1937. Volveu de Francia para loitar pola República. Exiliouse en México.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Colom Sentis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]