Manuel Gantes Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Gantes Barreiro
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , militar Editar o valor em Wikidata

Manuel Gantes Barreiro, coñecido como Roque, nado na Coruña cara a 1907 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1992, foi un sindicalista e miliciano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Delegado do Sindicato del Transporte Marítimo, membro da sección de Chaboleiros do SIP da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado nunha casa da barriada de Santa Lucía, na que vivía a súa cuñada Consuelo Couceiro, operaria da fábrica téxtil La Primera Coruñesa. Participou na fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi procesado por rebelión na causa 1091/37. Combateu no exército republicano. Traballos forzados para franceses e alemáns. Volveu á Coruña en 1946. Foi xulgado na causa 298/47 e condenado a doce anos e un día de prisión. Preso no Cárcere da Coruña, saíu en liberdade por sobresemento o 16 de agosto de 1947.[1] Finou na Coruña o 19 de xuño de 1992.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Barreiro Patiño e foi pai de Dolores, Manuela e Pilar Gantes Barreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1992, p. 56.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]