Odilo Masid Masid
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Odilo Masid Masid | |
---|---|
Nacemento | 1905 |
Piñor | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Odilo Masid Masid, nado en Piñor (Barbadás) en 1905, foi un sindicalista e militar galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrado na Habana entre 1927 e 1930. Ao seu retorno participou na organización da Asociación de Campesinos de Piñor. Afiliado á CNT. Despois de participar na resistencia ao golpe militar en Barbadás, logrou chegar á Coruña e, desde alí, participou na fuga da motora La Libertaria en decembro de 1936. En Asturias militou na Agrupación Confederal Galaica, no Socorro Rojo Internacional e ingresou no Batallón Galicia, do que foi elixido Comisario político da 3ª Compañía. Foi ferido en combate en febreiro de 1937 na ofensiva contra Oviedo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 171. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Batallón Galicia nº 19
- Odilo Masid Masid na páxina web Nomes e Voces.