Eugène Atget

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEugène Atget

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Atget Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Eugène Auguste Atget Editar o valor em Wikidata
12 de febreiro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Libourne (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1927 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
XIV Distrito de París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Bagneux, 4 (valor descoñecido–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEugène Atget Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1878–1927) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo , architectural photographer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor em Wikidata - 1927 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6
foto '37 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2380237 Find a Grave: 178338688 Editar o valor em Wikidata

Jean Eugène Auguste Atget, nado o 12 de febreiro de 1857 en Libourne, Xironda, Francia e finado o 4 de agosto de 1927 en París, foi un fotógrafo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de traballar en diversos oficios como camareiro ou actor, establécese en París onde se converte en fotógrafo ambulante. Para subsistir dedícase a sacar retratos de persoas na rúa; tamén empeza a crear unha colección propia de fotografías da vida diaria da cidade a principios do século XX. Algúns dos temas máis recorrentes dunha colección que alcanzou máis de 4.000 imaxes son os monumentos, parques, vendedores, prostitutas ou escaparates . A fotógrafa americana Berenice Abbott, asistenta de Man Ray, adquiriu os seus negativos. O museo de monumentos históricos de París conseguiu 2.000 traballos de Adget en 1927.

As súas fotografías son suxestivas e reflicten a vida diaria parisiense, dunha forma espontánea, libre das ataduras doutros movementos máis artísticos. Malia a súa ilustre clientela de artistas (Georges Braque, André Derain, Maurice Utrillo, Mauricio de Vlaminck, André Dunoyer de Segonzac, Moïse Kisling, Tsugouharu Foujita), a situación financeira de Atget é precaria (vivirá durante un tempo so cos ingresos da súa muller), particularmente durante e despois da Primeira guerra mundial, no transcurso da cal cesa progresivamente de fotografar ata os anos 1920.

Ao final da súa vida a súa figura xa era coñecida entre escritores e pintores da época. Os surrealistas gabárono ao veren nas súas imaxes, sobre todo nas figuras reflectidas nas cristaleiras, unha visión natural e pura que suxire algo fantasmal. Aínda así morreu na miseria.

Nos Estados Unidos está considerado como un mestre da fotografía, en Francia vólvese a descubrir a partir dos anos 1980. A Bibliothèque nationale de France (París) deu unha retrospectiva de Atget desde o 27 de marzo ata o primeiro de xullo do 2007.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jean-Claude Lemagny, Sylvie Aubenas, Pierre Borhan, Luce Lebart, Atget le pionnier, Marval, 2000 (ISBN 2-86234-298-X).
  • Sylvie Aubenas, Arbres inédits d'Atget, Marval, 2002.
  • (en) Clark Worswick, Berenice Abbott and Eugene Atget, Arena, 2002.
  • Josiane Sartre, Atget. L'art décoratif, 2002 (ISBN 2-08-010790-9).
  • Le Paris d'Atget, Taschen, coll. « Icons », 2004.
  • Autour d'Atget ; Beauvais, Actualité des faubourgs, Jean de Calan, Guillaume Le Gall, Imaginayres 2005.
  • Sylvie Aubenas, Guillaume Le Gall (dir.), Atget : une rétrospective, Hazan, 2007.