Eugenio Fernández Quintanilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEugenio Fernández Quintanilla
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
Arnuero, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de maio de 1932 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Eugenio Fernández Quintanilla, nado en Arnuero, Cantabria en 1887 e finado en Madrid o 30 de maio de 1932, foi un arquitecto español que desenvolveu a súa obra en Santander e Madrid.[1] Tamén foi arquitecto do Corpo Municipal de Bombeiros de Madrid, xefe da Sección de Urbanismo do Concello de Madrid e presidente da Asociación de Arquitectos de España. En 1932 concedéuselle a Medalla ao Mérito no Traballo.

Xunto á maioría dos arquitectos cántabros da época foi seguidor da arquitectura rexionalista ideada por Leonardo Rucabado, como se pode apreciar na súa maior obra arquitectónica, a Casa de Correos de Santander. Esta obra foi ideada xunto a Secundino Zuazo, con todo, foi Fernández Quintanilla quen se encargou de dirixir as obras. Con Zuazo colaborou no polémico concurso para a construción da sede do Círculo de Bellas Artes de Madrid, sendo un dos proxectos con mellor valoración, aínda que finalmente non foi elixido. Tamén deseñaron xuntos varios edificios da Gran Vía de Madrid, que fora creada había pouco tempo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Delegación de Correos en Santander, obra de Fernández Quintanilla e de Secundino Zuazo.

Eugenio Fernández Quintanilla naceu no municipio cántabro de Arnuero; fillo de Joaquín Fernández de Pena e de Elvira Quintanilla Cagigal, foi primo do pintor Luís Quintanilla.[2][3][4] En 1913 titulouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e un ano despois converteuse no arquitecto do Corpo Municipal de Bombeiros de Madrid, tamén foi presidente da Asociación de Arquitectos de España.[5][6]

Encádrase dentro da Escuela Regionalista Montañesa xunto a outros arquitectos cántabros da época, como Javier González de Riancho, Deogracias Mariano Lastra, Ramón Lavín Casalis, Valentín Lavín del Noval, Gonzalo Bringas, entre outros;esta escola seguía os preceptos do arquitecto castreño Leonardo Rucabado expostos no seu libro Proyecto de palacio para una nobre de la Montaña, no que propuña utilizar os elementos propios da arquitectura que se deu na zona de Cantabria durante os séculos XVII e XVIII, para así conseguir unha arquitectura identificativa.[7] Fernández Quintanilla transformou as ideas de Rucabado cara ao racionalismo arquitectónico, como se pode apreciar na súa obra do Cine Coliseum (Santander, 1929).[7]

En 1915 obtivo o primeiro premio do Concurso da Casa de Correos de Santander, realizando o proxecto xunto a Secundino Zuazo, aínda que foi Fernández Quintanilla quen se fixo cargo das obras.[8] Nesta obra apréciase a influencia de Rucabado, xa que presenta un estilo propio do rexionalismo montañés cunha tendencia cara á arquitectura ornamental.[9] Inaugurado en setembro de 1927,é un edificio exento e de planta rectangular con muros de perpiaños e armazón de madeira.[10][11] Na parte traseira hai unha balconada pechada e corrida, mentres que a súa fachada principal está flanqueada por dúas torres poligonais.[11] En 1919, tamén colaborou con Zuazo no concurso para a Casa Correos de Bilbao.[8]

A mediados de marzo de 1919, o consello do Círculo de Blelas Artes de Madrid, convocou un concurso nacional para construír a casa social da entidade cultural, o primeiro premio consistiu na dirección da obra e outros cinco tiveron unha recompensa de entre tres e quince mil pesetas.[12] A este proxecto presentáronse un total de quince traballos, Fernández Quintanilla presentouse xunto a Zuazo e propuxeron a unión entre a arquitectura tradicional propia de España e o clasicismo con novas formas que se daba nas cidades europeas, tendo influencia de Peter Behrens e Paul Bonatz.[13] O xurado tras descartar varios anteproxectos nas primeiras sesións pola súa calidade ou por non cumprir coas bases do concurso, o de Fernández Quintanilla e Secundino Zuazo obtivo o primeiro premio na cuarta sesión e unha recompensa económica de 7500 pesetas, con todo, esta decisión causou o enfado de Antonio Palacios Ramilo e doutros douscentos arquitectos que propuxeron debates en asembleas e que produciu numerosas dimisións no seo da entidade.[13] A fase final do concurso quedou deserta ao non conseguir ningún dos tres finalistas a maioría absoluta, o seu proxecto quedou en segunda posición con dous dos seis votos.[13] Finalmente, a xunta do Círculo de Belas Artes aprobou o proxecto de Antonio Palacios, tras ofrecerse el mesmo a dirixir o proxecto a cambio de renunciar aos seus honorarios, isto supuxo queixas entre os arquitectos e máis dimisións dentro da entidade, ademais de inflar o orzamento inicial (catro millóns) en case dous millóns de pesetas.[13]

En 1929 colaborou co político e arquitecto Bernardo Giner de los Ríos na redacción de Madrid: información sobre la ciudad, obra de investigación que foi presentada no I Congreso de Urbanismo en España.[14] Tamén organizou con Giner de los Ríos e nese mesmo ano, a Oficina de Información sobre la Ciudad de Madrid.[15]

Xunto a outros arquitectos nacionais, Fernández Quintanilla é un dos artífices da Gran Vía de Madrid, sendo colaborador de Secundino Zuazo xunto a Fernando de Escondrillas e a José Miguel da Quadra-Salcedo.[16] En 1929 foi elixido xurado dos premios outorgados polo Goberno español dentro do Concurso Internacional do Faro de Colón, obtendo o terceiro maior número de votos.[17] Neste concurso participaron máis de dous mil arquitectos, procedentes de corenta e oito países, que presentaron un total de 456 anteproxectos para esta homenaxe a Cristovo Colón en Santo Domingo.[18]

Faleceu o 30 de maio de 1932 en Madrid, o mesmo ano que se lle concedeu a Medalla ao Mérito no Traballo e foi nomeado xefe da Sección de Urbanismo do Concello de Madrid.[19]

Estilo[editar | editar a fonte]

Ao comezo das súas obras, seguía os preceptos rexionalistas de Leonardo Rucabado, corrente estendida entre os arquitectos cántabros da época en busca dun trazo identificativo propio; con todo, transformou estas ideas cara ao racionalismo arquitectónico,que perseguía equilibrar a arquitectura tradicional, conservando o estilo típico, coa modernidade, aceptando os procesos industriais, o proceso tecnolóxico e o invento, que imperaba nas grandes cidades europeas.[7][20] Ao final da súa obra, apréciase a sinxeleza e a eliminación de todo o superfluo dentro do eclecticismo e con influencia do Art déco, como se aprecia no Cine Coliseum.

Obra[editar | editar a fonte]

Eugenio Fernández Quintanilla deseñou as seguintes obras:[5][19][20]

  • Casa do doutor Azúa (Madrid, 1914)
  • Casa de Benjamín del Río (Santander, 1917)
  • Casa de Correos de Santander (Santander, 1918-1925)
  • Casas de alugueiro na rúa do Xeneral Espartero, números 9, 11 e 13 (Santander, 1920-1923)
  • Casa de familia de Manuel Suárez Inclán (Santander, 1920)
  • Casa de familia de Eduardo Pérez del Molino (Santander, 1922)
  • Casa de Peña y Media (Santander, 1923)
  • Panteón da familia Peiró (Madrid, 1923)
  • Casa de Pena e Media (Madrid, 1924)
  • Colexio dos Escolapios (Santander, 1927)
  • Casa de Francisco Hueso (Madrid, 1928)
  • Casa de Leopoldo García (Madrid, 1929)
  • Cine Coliseum (Santander, 1929)
  • Casa principal da leira Valdenoja (Santander, 1931)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El señor Don Eugenio Fernández Quintanilla (Esquela)". ABC. 1 de xuño de 1932. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  2. Cantabria 102 Municipios. "Arnuero. Personajes". Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  3. Aramburu-Zabala Higera, M.A., p. 32
  4. Fernández-Quintanilla, J., p. 184
  5. 5,0 5,1 Fernández-Quintanilla, J., p. 287
  6. "En honor de los arquitectos de las exposiciones". La Vanguardia. 18 de xuño de 1929. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Moure Romanillo, Suárez Cortina, p. 116
  8. 8,0 8,1 Suazo Ugalde, S., p. 24
  9. Universidade de Cantabria. "Oficina central de Correos". Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  10. Flores-Gispert, Juan Carlos (21 de maio de 2007). "Correos reformará su edificio central y prevé mejoras en oficinas locales". El Diario Montañés. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  11. 11,0 11,1 Consejería de Innovación, Industria, Turismo y Comercio del Gobierno de Cantabria. "Edificio de correos". Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  12. Garrido, Antonio (16 de marzo de 1919). "Círculo de Bellas Artes. Concurso entre arquitectos". ABC. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Felisa de Blas Gómez. "El emblemático y polémico concurso del Círculo de Bellas Artes de Madrid, 1919." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  14. Jiménez-Landi Martínez, A., p. 478
  15. VV.AA. "Quintas Jornadas Archivo y Memoria. Extraordinarios y fuera de serie: formación, conservación y gestión de archivos personales" (PDF). Consultado o 3 de marzo de 2013. [Ligazón morta]}}
  16. Navascués Palacio & Alonso Pereira 2002.
  17. "El concurso internacional del Faro de Colón". La Vanguardia. 15 de maio de 1929. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  18. Morán, J. "El Faro de Colón de Vaquero y Moya cumple 80 años". La Nueva España. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  19. 19,0 19,1 Fernández-Quintanilla, J., p. 288
  20. 20,0 20,1 Cantabria 102 Municipios. "Eugenio Fernández Quintanilla". Consultado o 3 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]