SICAV
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Unha SICAV (acrónimo de Sociedade de Investimento de Capital Variábel), é unha figura económica de investimento colectivo.
SICAV en España[editar | editar a fonte]
En España, unha SICAV é unha Sociedade Anónima cuxo obxecto social é investir en activos financeiros. Gozan de importantes vantaxes fiscais, de xeito que as SICAV tributan ao 1% no imposto sobre sociedades. Deben cumprir os seguintes requisitos:
- Número de accionistas igual ou superior a 100.
- Limitacións aos investimentos.
- Capital variábel entre o mínimo e máximo fixado estatutariamente.
- Capital mínimo 2.400.000 euros.
- A constitución, aumento de capital, fusión e escisión destas sociedades gozan de exención na modalidade de operacións societarias do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
- Tutela e control da CNMV e Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira.
Teñen unha serie de restricións á hora de investir o capital:
- Coeficiente de control: Non máis do 5% dos valores deben de ser emitidos ou avalados por unha mesma entidade.
- Coeficiente de investimento: Ao menos o 90% do activo estará investido en valores mobiliarios admitidos a cotización en mercados organizados recoñecidos oficialmente.
- Coeficiente de Liquidez: Mínimo 3%.
- Coeficiente de diversificación: Non máis do 5% do seu activo investido en valores dunha mesma sociedade. Este límite queda ampliado ao 10%, sempre que o total dos investimentos da SICAV, en valores nos que se supere o 5%, non exceda do 40% do activo desta.
A súa regulación xurídica susténtase en:
- Lei de sociedades anónimas.
- Lei 35/2003, do 4 de novembro, reguladora das institucións de investimento colectivo.
- Real decreto 1309/2005, do 4 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 35/2003.
Actualmente este vehículo de investimento é un dos máis utilizados por persoas con grandes capitais. Outro vehículo moi atractivo para estas persoas é o UNIT LINKED.